Xoves 28 Marzo 2024

Os expertos avogan por manter o fuso horario e o cambio de hora ata 2021

Despois de meses de traballo, a comisión de expertos para o estudo da reforma da hora oficial (entre os que estaba o catedrático da USC Jorge Mira) entregou ao Goberno español as súas conclusións, segundo anunciou este venres a voceira Isabel Celáa no Consello de Ministros. E os resultados da deliberación ofrecen dúas liñas principais: por unha banda, aconséllase manter o fuso horario actual en España, correspondente á hora central europea; e por outra, mantense provisionalmente o cambio de hora estacional en marzo e outono, polo menos ata o 2021, debido a que a opinión dos expertos “non é unánime nin concluínte”, segundo a información facilitada polo Executivo.

Sobre o fuso horario

En primeiro lugar, o Goberno explica que os expertos non contemplan cambiar o fuso (hai voces que avogan por adoptar o de Portugal, Reino Unido e Canarias, sobre todo polas circunstancias de Galicia); conclúen que “tras manter o actual durante 80 anos, a poboación española desenvolviu unha adecuación a ese horario e non hai suficientes razóns para modificalo”. Así, a proposta da Comisión recomenda “non producir ningún cambio precipitado nos fusos horarios mentres non exista un consenso compartido e unha difusión práctica á nosa cidadanía dos riscos e oportunidades que comporta”.

Publicidade

Sobre o cambio de hora

A este respecto, a situación tamén continuará como ata agora, polo menos ata 2021, debido ás diverxencias no seo da comisión. Unha parte preferiría manter o cambio de hora tal e como se vén realizando ata a data. Mais outra parte da comisión propoñía adoptar un horario fixo de inverno atendendo, principalmente, a criterios de saúde e uso de horas de sol; e tamén hai expertos favorables a manter fixo o horario de verán, tendo en conta un previsible impacto negativo no sector turístico, que representa ao redor dun 12% do PIB do Estado.

Rui Jorge Agostinho: “Ficar no horario de verán sería a peor decisión posible”

Así, dado que as institucións europeas ampliaron o prazo da Proposta de Directiva para suprimir os cambios de hora estacionais na UE ata o 1 de abril de 2021 e existindo discrepancias expostas polos países veciños, como Portugal, nesta materia, o Comité afirma que o prudente por parte do Goberno sería manter o cambio estacional tal e como se veu realizando nos últimos 45 anos, ata 2021, e ir nutríndonos ao longo destes dous anos de argumentación suficientemente consolidada e compartida que nos faga optar por unha das vías”.

Segundo lembrou o Goberno, o traballo da Comisión avaliou os custos das modificacións horarias, particularmente os que inciden na eficiencia enerxética e na repercusión económica das distintas actividades produtivas, así como os beneficios, especialmente os posibles impactos positivos sobre a saúde das persoas.

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Por que é tan urxente que o Goberno español regule o acceso dos menores á pornografía?

Existen diferentes alternativas como métodos de intelixencia artificial de recoñecemento facial ou aplicacións de verificación da idade

Debe ter Galicia o mesmo horario que o resto do Estado?

A poucos días de mudar a hora, abrése o debate sobre se a nosa comunidade debería seguir o fuso de Portugal e Reino Unido

Sete de cada dez galegos queren acabar co cambio de hora

O barómetro do CIS revela que Galicia o 69,1% pretende manter o mesmo horario todo o ano, cinco puntos máis que no conxunto de España

Pódcast | É hora de entender o cambio horario, con Jorge Mira

O catedrático de Física da USC, membro do comité de expertos que asesorou ao Goberno, aclara as dúbidas respecto ao movemento do reloxo