Formigas e intelixencia colectiva: o novo monólogo de Alba Aguión

Novo reto para Alba Aguión, a bióloga galega gañadora do certame de monólogos científicos Famelab 2016 e subcampioa do mundo na final internacional celebrada en Londres. Agora, presenta un novo monólogo no certame organizado pola Fundación Aquae.

Que ten que ver a bioloxía dos animais coa intelixencia artificial? Alba Aguión convídanos a pensar como xorde a intelixencia nos seres vivos e cal é o funcionamento das neuronas, para chegar á Intelixencia enxame, unha das grandes liñas de inspiración da Intelixencia Artificial onde a clave de todo, por certo, radica no sinxelo e na comunicación.

Publicidade

Con este argumento, aquí tes o novo vídeo divulgativo da bióloga mariña e zoóloga, investigadora predoutoral na Universidade de Vigo e gañadora do Famelab 2016.

Para votar por Alba Aguion so tes que visitar esta páxina e dar ao botón Me Gusta de Facebook

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.