Venres 29 Marzo 2024

Ferrín: ‘Gallaecia foi a única das provincias romanas que conservou o seu nome’

Doutor honoris causa dende 1999, Xosé Luis Méndez Ferrín, está estreitamente ligado á Universidade de Vigo, á que regresou este xoves para impartir un relatorio na Facultade de Filoloxía e Tradución da man do grupo de investigación Gramática, Discurso e Sociedade (GRADES). Baixo o título de O nome de Galicia, o escritor e político fixo un percorrido pola historia no termo, dende antes da conquista do territorio polo Imperio Romano pasando pola constante evolución dunha forma que, como destaca o profesor, conservou a súa orixe. De feito, Méndez Ferrín subliñou que “Gallaecia estaba tan ben nomeada que foi única das provincias romanas que conserva o seu nome”, mentres os nomes doutras provincias como a Tarraconense, Lusitana ou o Bética foron desaparecendo e substituíndose por Cataluña, Portugal ou Andalucía. Deste modo, Gallaecia é único dos nomes que perdura, xunto con Hispania. Con todo, Méndez Ferrín lembrou que este non foi o primeiro nome que os romanos lle deron a Galicia, senón que inicialmente se denominou Transduriana Provincia, en referencia aos seus límites xeográficos, aínda que esta forma non se consolidou e prevaleceu o nome histórico, Gallaecia, que finalmente oficializou Diocleciano.

ferrin 3

O que o nome elixido polos romanos é “moi antigo” e reflicte unha “continuidade humana e cultural ao longo da historia”. A pesar da romanización, Galicia é segundo Méndez Ferrín, “probablemente o dominio románico cuxos habitantes teñen na cabeza un maior número de palabras prerrománicas”. Moitos deses termos son de uso habitual, como toxo ou carballo, pero outros moitos chegaron ata a actualidade a través da toponimia. “Temos centos ou miles de nomes de lugar que son prerrománicos e están cifrados en linguas que desapareceron, pero que temos na cabeza, como Coruxo, Teis ou Miñor”.

Publicidade

‘A fronteira de Galicia e Portugal é unha das máis antigas de Europa’

Un deses topónimos é a propia palabra Galicia, que se escribiu por primeira vez en grego, xa que o pobo celta non tiña escritura. Así, a primeira vez que aparece o termo escrito é como Kalleikia e os seus habitantes aparecen citados como kallaikoi. En latín evoluciona a Kallaecia, que posteriormente substitúe letra a xorda por unha sonora para converterse en Gallaecia. Segundo destacou Ferrín, varios autores apuntan a que ese cambio se debeu ás similitudes que os pobos estranxeiros atopaban entre os galegos e os galos da Galia, polo que se achegaron ambos nomes. “Isto revela que unha serie de autores latinos e gregos tan importantes como Estrabón, autor da cita máis antiga que hai de Galicia no século I a.C., sabían que existían os galegos e eran considerados un pobo diferente de outros próximos, como os lusitanos”, recoñecidos como unha “entidade económica, social e política diferenciada”. O honoris causa vigués citou tamén as referencia a Galicia en outros autores como Tito Livio, o poeta Ovidio ou Plinio, que recolle a histórica relación do home galego co cabalo bravo e amosa a constancia de certos usos e hábitos culturais ao longo dos séculos.

A caída do imperio romano no 412 deu paso ao Reino Suevo, mentres o resto de Hispania se converteu no Reino Visigodo. Segundo Méndez Ferrín, a existencia dese reino independente “non pode ser alleo á evolución do latín vulgar das persoas nunha dirección propia cara a lingua actual”. Esta situación mantívose ata o ano 585, cando se produce a invasión árabe de boa parte da península o que o escritor cualifica como unha “catástrofe” para Gallaecia. E é que o comezo da Reconquista e a expansión cara o sur foi determinante para a independencia de parte do reino que pasa a converterse no que hoxe é Portugal, dando lugar no río Miño a unha das fronteiras máis antigas de Europa.

6 COMENTÁRIOS

  1. Prerromanico? Será prerromano q no tiene nada q ver Lo anterior al románico es posterior a la Romanización por bastantes años…476 dC Caida del Imp Romano Occ
    La invasión árabe de la P Ibérica fue en el7 11a.C
    Un poco de rigor…vaya chapuza de art. Errores brutales

  2. A fronteira entre Galicia e Portugal e das mais antigas de Europa, ainda que co paso do tempo, non sempre estivo no mesmo lugar.
    Conta ata tres antes de insultar a un mestre. Antes de insultar a ninguén.

    • En que te baseas ti e o teu mestre (que non é historiador senon escritor) para dicir que a fronteira entre Galicia e Portugal é das mais antigas de Europa? Se Portugal se independendiza do Reino de Galicia no 1139 que sentido ten dicir que a fronteira é a mais antiga? Pregunto…

  3. ‘A fronteira de Galicia e Portugal é unha das máis antigas de Europa’

    Isso é mentira, a fronteira entre a Galiza e Portugal surge a partir de 1479 com a “Doma e Castração” e a assimilação da Galiza por parte de Castela. De feito Fernando I de Portugal foi aclamado como Rei da Galiza ainda en 1369.

    Sr. Ferrín, se não sabe de historia leia livros e nao projecte a sua lusofobia por todos conhecida também nesse campo…

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150

A gran eclipse solar de abril: cando e onde vela en Galicia?

Este fenómeno astronómico será visible de maneira parcial no oeste da comunidade, especialmente na franxa atlántica da Coruña e Pontevedra

O mapa dos ‘químicos eternos’ en Galicia: ata 70 zonas sospeitosas de grave contaminación

Unha investigación europea sinala a presenza no continente destas substancias nocivas para o medioambiente e a saúde

Identificado un novo campamento romano na fronteira entre Galicia e Portugal

Un equipo de arqueólogos detecta un posible recinto fortificado de tres hectáreas de extensión datado entre os séculos I a.C. e I d.C.