Xoves 18 Abril 2024

Baixa o número diario de falecidos por coronavirus a 517

As cifras poden estar mediatizadas polo retraso na notificación de mortes durante os festivos da Semana Santa

España rexistra unha baixada no número de falecidos diarios: 517. Segundo o último balance do Ministerio de Sanidade, 17.489 morreron desde o inicio da crise sanitaria, mentres que se rexistran xa 169.496 contaxios e 64.727 recuperados.

No mundo, hai máis de 114.200 persoas falecidas e máis de 1,8 millóns de infectados, segundo a Universidade Johns Hopkins.

Publicidade

O Ministerio de Saúde de China confirmou este luns 108 casos novos de coronavirus, dos que 98 proceden do estranxeiro, e dúas mortes máis, na provincia de Hubei, cuxa capital, Wuhan, é o epicentro da pandemia.

A cifra de falecidos en China ascendeu a 3.341, despois do último balance das autoridades sanitarias.

O presidente dos Estados Unidos, Donald Trump, aprobou a situación de desastre no estado de Wyoming a causa do coronavirus, polo que por primeira vez na historia todos os estados da unón están simultaneamente nesta condición.

Curva de positivos oficiais polo coronavirus. Fonte: Ministerio de Sanidade.

Estados Unidos, que superou este sábado a Italia en falecidos no mundo con coronavirus, rexistra xa máis de 555.000 contaxiados e 22.000 decesos. A mortalidade está a ser especialmente alta entre a poboación afroamericana: calcúlase que en torno ao 70% dos falecidos pertencen a este grupo étnico. O epicentro do brote do país é Nova York, con máis de 9.000 mortos,

Na Arxentina, o informe do Ministerio de Saúde difundido esta noite en Buenos Aires eleva a 95 as vítimas fatais por coronavirus e a 2.208 os casos positivos, 66 máis que o sábado.

Romanía supera os 6.000 contagios e suma 314 falecidos. Rusia eleva o balance do coronavirus a máis de 18.000 persoas contaxiadas e 148 mortos.

Mapa de positivos por CCAA. Fonte: Ministerio de Sanidade.

Aquí podes consultar os últimos datos do Ministerio de Sanidade

1 comentario

  1. Estass cifras aún anuncian el desastre producido por este flagelo. La poca atención brindada a su peligrosidad por parte de las comunidades y de los Estados. No es castigo de Dios a la usanza del Antiguo Evangelio es abandono de Dios. Gracias por permitirme estas opiniones.Roberto

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Por que algúns pacientes teñen covid persistente e outros non? Este estudo dá na clave

Un equipo do Hospital Universitario de Zúrich busca mellorar a atención aos doentes con novas estratexias de tratamento

Ascenden a 57 os falecidos por gripe en Galicia

O último informe do Sergas confirma a tendencia á baixa da incidencia nas catro provincias

Por que aumentan as infeccións respiratorias agudas en España?

Estamos xusto no momento do incremento da curva da gripe que este ano coincidiu co Nadal e o aumento dos contactos sociais

Tes gripe ou covid? Estas son as diferenzas

A inmunóloga África González admite que teñen síntomas moi similares pero que se distinguen polo tempo de incubación e a estacionalidade