Xoves 28 Marzo 2024

Falcon 9: despegando e aterrando

Créditos da imaxe e copyright: Michael Seeley.
Créditos da imaxe e copyright: Michael Seeley.

Explicación: pouco despois da medianoite do 18 de xullo un foguete SpaceX Falcon 9 despegou desde o Complexo de Lanzamento Espacial 40 na Estación da Forza Aérea en Cabo Canaveral (Florida), planeta Terra. Uns 9 minutos máis tarde, a primeira etapa do foguete voltou ao porto espacial. Esta exposición única capta o o arco do lanzamento do foguete e o ronsel da aterraxe desde o parque Jetty a só uns poucos quilómetros de distancia. Ao longo dunha traxectoria curva que vai rubindo, o despegue está perfilado polo queimado inicial da primeira etapa, rematando preto do cumio do arco brillante antes da separación da etapa. Debido á perspectiva o seguinte estourido brillante aparece por riba da parte superior do arco de despegue na foto, estando a primeira etapa descendente de volta máis preto do Cabo. O estoupido final da aterraxe crea unha marca longa mentres a primeira etapa vai máis lenta e volve a descansar na Zona de Aterraxe 1. Onte, a nave espacial de carga Dragon, deixada en órbita pola segunda etapa do foguete, foi acoplada á Estación Espacial Internacional.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150

Envía o teu nome a Xúpiter nunha misión espacial da NASA

Dende a axencia lanzarán unha botella que leva tamén un poema da escritora estadounidense Ada Limón

O galego aos mandos da dinámica orbital da NASA: “O espazo parecíame ciencia ficción”

Andrés Dono entrou na administración espacial americana con 24 anos para facer unhas prácticas. Unha década despois lidera o equipo que deseña a traxectoria dos satélites

Begoña Vila: “Atoparemos probabilidades de vida noutro planeta”

Co gallo do décimo aniversario de Gciencia, a astrofísica da NASA analiza a divulgación dos achados cósmicos e a busca de vida intelixente