Xoves 18 Abril 2024

Eutanasia legal, si ou non?

As Regueifas de Ciencia afrontan unha nova edición o xoves 29 de novembro cun dos debates que máis tempo leva instalado nas sociedades occidentais: a eutanasia. Segundo explican os organizadores do encontro, “cada ano cobra máis forza a voz dos que reclaman unha lexislación clara e libre de prexuízos que regule e permita a eutanasia”. E cada vez tamén son máis os países que están regulando estas situacións.

Porén, o rexeitamento á eutanasia segue sendo amplo por diversas razóns e desde diversos puntos de vista, tanto relixiosos, como legais ou éticos. Para enriquecer este debate, as Regueifas de Ciencia traerán ata a Facultade de Comunicación da USC a catro expertos na materia, que enfrontarán as súas posturas en dous bandos.

Publicidade

Na súa páxina web, Regueifas de Ciencia ofrece documentación relacionada coas posturas de cada un dos poñentes para documentarse antes de asistir ao evento.

A favor da eutanasia:

– Margarita Boladeras Cucurella, Catedrática emérita de Filosofía Moral e Política Universidade de Barcelona

– Isabel Blanco Domínguez, Directiva Derecho a Morir Dignamente

En contra:

– Francisco Javier Barón Duarte, Unidade de Hospitalización Servizo de Oncoloxía Medica do Hospital Universitario de A Coruña.

– Jacinto Bátiz Cantera, Doctor en Medicina e Cirurxía. Medico de Familia.

A entrada ás Regueifas é gratuíta e libre ata completar aforo. Poderase seguir tamén por streaming, e posteriormente a charla quedará subida á páxina da iniciativa. É un proxecto da USC co financiamento da Fecyt.

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

00:05:02

Poñer a roupa ao clareo do Sol, funciona?

É unha técnica tradicional para branquear a roupa que seguimos empregando hoxe. A ciencia confirma a eficacia dos raios solares como o mellor desinfectante natural
00:04:28

Comer ovos dispara o noso colesterol?

Grazas aos avances científicos hoxe sabemos que esta relación non é máis que un mito. Iso si, outros factores como os hereditarios, poden forzarnos a reducir o consumo deste alimento
00:04:39

Pode caer un raio dúas veces no mesmo sitio?

Grazas aos pararraios a humanidade non teme hoxe as tormentas e o seu poder destrutivo, pero o lugar onde caen as descargas ten pouco de azar e moito de fondo científico

Estas son as mellores fotografías científicas de 2023

O corte transversal dunha casca de ovo, a simetría do brócoli e un nobelo de anisakis, entre as imaxes gañadores de FOTCIENCIA