Estados Unidos aproba Yondelis, o antitumoral desenvolvido pola galega Zeltia
PharmaMar comunica que o seu socio, Janssen Biotech Inc, recibiu a aprobación de comercialización de Yondelis (trabectedina) por parte da Axencia de Alimentos e Medicamentos dos Estados Unidos (FDA, polas súas siglas en inglés) para o tratamento de pacientes con liposarcoma (LPS) ou con leiomiosarcoma (LMS), dous subtipos de sarcoma de tecidos brandos (STB). LPS e LMS son os tipos de STB máis comúns e este é o primeiro tratamento aprobado especificamente para pacientes con LPS nos Estados Unidos.
A aprobación baseouse nos datos clínicos de eficacia e seguridade demostrados no estudo recentemente publicado de Fase III ET743-SAR-3007, randomizado, aberto e controlado. Este ensaio confirma os resultados obtidos en estudos clínicos anteriores e proporciona unha evidencia científica robusta sobre o beneficio clínico de trabectedina, segundo informa Pharmamar.
“Desde que Yondelis se aprobou por primeira vez en Europa en 2007, aproximadamente 50.000 pacientes en 80 países beneficiáronse desta terapia en todas as súas indicacións”, apuntou Luis Mora, Director Xeral de Pharmamar.
Máis información no seguinte enlace: