Sábado 20 Abril 2024

A Estación de Areeiro convértese nun novo destino de turismo científico

O edificio da Deputación de Pontevedra acada o selo Observer e pon en marcha visitas guiadas para dar coñecer o seu labor de investigación

A Estación Fitopatolóxica de Areeiro (EFA) centro de investigación dependente da Deputación de Pontevedra e situado no termo municipal da capital provincial, súmase á lista de enclaves que dispón da certificación como destino de turismo científico Observer, un selo que recoñece o valor medioambiental e patrimonial destes espazos. Areeiro súmase así ao castelo de Soutomaior, que se converteu en pioneiro na provincia ao acadar o selo polo seu xardín histórico. Para dar a coñecer o espazo, a Deputación pon en marcha a Ruta da Ciencia Areeiro, un proxecto de visitas guiadas dirixidas tanto ao público xeral como persoal científico especializado e interesado na botánica ou os cultivos, para quen se farán percorridos específicos.

A presidenta provincial, Carmela Silva, supervisou este luns o percorrido destas visitas guiadas. “Con este selo xa somos unha provincia de ciencia certificada e a finca do Areeiro vai ter moitísima presencia e recoñecemento”, destacou Silva. O selo vai a permitir “dar a coñecer a EFA moito máis e facelo cara o público xeral para que a sociedade tome conciencia da importancia de manter a biodiversidade”. Neste senso a presidenta puxo o aceno na relevancia de que “pasen moitas familias, moitas nenas e nenos que esperten o amor polo coñecemento vinculado á natureza así como pola súa preservación”.

Publicidade

Visita deste luns á EFA da presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva. Foto: depo.es.
Visita deste luns á EFA da presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva. Foto: depo.es.

Ruta da Ciencia de Areeiro

Estas visitas guiadas estarán conducidas por guías que amosarán ás persoas asistentes os distintos lugares da Estación como o Xardín Pedro Mansilla, o Insectario ou o xardín das aromáticas.  Deste xeito, a Ruta da Ciencia de Areeiro versará sobre a investigación botánica en Galicia, a camelia -unha flor que ten usos alén do ornamental como a extracción de aceite das súas sementes- ou a relación entre a tecnoloxía e os cultivos de árbores froiteiras. Tamén se falará das plantacións de té -a segunda bebida máis consumida do mundo despois da auga-, kiwis, feixoas, os fentos ou as plantas aromáticas, coas que se fará unha pequena actividade na horta.

A EFA

A Estación Fitopatolóxica de Areeiro está centrada na investigación práctica e o diagnóstico en materia de fitopatoloxía forestal e agraria. Ao mesmo tempo, os seus equipos traballan na na introdución e conservación de especies froiteiras e ornamentais. E na área da análise edafolóxica para a mellora do abonado.

A súa creación respondeu ao afán do organismo provincial por cubrir o gran baleiro existente en materia de asesoramento directo aos agricultores no relativo á sanidade dos seus cultivos. Deste xeito, a provincia conta cun espazo especializado no estudo e diagnóstico dos patóxenos e pragas máis frecuentes nas plantas. Grazas a este labor, o sector agrícola dispón de información cercana para tomar decisións baseadas na evidencia científica.

Na actualidade, a EFA conta con seccións de Fitopatoloxía, Edafoloxía, Fruticultura e Ornamentais, e Bioloxía Molecular. O seu outro obxectivo é a investigación de carácter práctico relacionada cos ámbitos agrícola e forestal.

Desde o 16 de abril de 2007 a Estación Fitopatológica Areeiro é Unidade Asociada á Misión Biolóxica de Galicia, do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC). Esta unión permitiu axuntar os esforzos destes dous importantes centros de investigación agroforestal radicados na provincia.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

00:54:16

Begoña Vila: “Cando son a única muller nunha reunión xa non o penso. Aprendino co tempo”

A astrofísica da NASA clausura o ciclo 'Ciencia en feminino' facendo un repaso á súa traxectoria como muller e científica
00:00:00

EN DIRECTO | Ciencia en feminino. Entrevista con Begoña Vila

A astrofísica viguesa traballa actualmente na NASA e conta a súa experiencia como muller científica nun campo tradicionalmente masculinizado
00:59:50

“A presión que hai en España por investigar fóra non a hai noutros países”

As científicas galegas Raquel Lama, Cristina Lazcano e Carmen Figueras participaron na terceira sesión de ‘Ciencia en Femino’ para falar sobre as súas experiencias investigadoras no estranxeiro
00:36:16

“As mulleres teñen que dar un paso adiante e crer que poden emprender”

Na segunda sesión de Ciencia en Feminio a CEO de Hifas da Terra, Catalina Fernández, explica que a ciencia debe ser “vendible” e beneficiosa para a vida das persoas