Venres 29 Marzo 2024

Energylab e Universidade de Santiago farán actividades conxuntas en eficiencia enerxética

O reitor da Universidade de Santiago, Juan Viaño Rey, e a directora xeral de Centro Tecnolóxico de Eficiencia e Sostenibilidade Enerxética (EnergyLab), Carmen Iglesias Escudero, asinaron este martes 7 en San Xerome un convenio marco de colaboración, nunha sesión que tamén contou coa intervención do Manuel Fernández Pellicer,  presidente de EnergyLab. Establécese así un marco de actuación para os vindeiros dous anos no ámbito da cooperación en actividades de difusión, pedagóxicas, científicas, de investigación e outras que sexan de interese no ámbito da eficiencia enerxética e a sustentabilidade. Ademais, na mesma xornada asinouse un convenio para a realización de prácticas de alumnos de grao, máster e doutoramento.

Entre as modalidades de cooperación recollidas no documento asinado figuran a difusión recíproca de actividades e proxectos; o intercambio de información científica, tecnolóxica e experiencias desenvolvidas; o fomento da participación en comunidades de proxectos afíns; ou a execución de proxectos e programas de investigación e desenvolvemento. Ademais tamén se impulsarán a cooperación en programas de persoal investigador en formación, técnico e estudantes de grao e máster; o asesoramento mutuo; a promoción da igualdade de mulleres e homes, ou a promoción e difusión de actividades externas relacionadas cos seus respectivos ámbitos de actividades, en especial, enerxía, eficiencia enerxética, sustentabilidade e mobilidade.

Publicidade

Tanto o seguimento deste acordo como o dos convenios específicos que no futuro se asinen corresponderá a unha comisión mixta que integrarán a vicerreitora de Investigación e Innovación, Isabel Rodríguez-Moldes; a directora xeral de EnergyLab, Carmen Iglesias Escudero; e a directora corporativa deste centro.

EnergyLab é unha fundación de carácter privado xurdida en 2008 co obxectivo de identificar, desenvolver, promover e difundir tecnoloxías, procesos, produtos e hábitos de consumo que permitan a mellora da eficiencia e sustentabilidade enerxética en todos os sectores da sociedade para ser enerxeticamente máis competitivos e eficientes. Dende 2014, están recoñecidos polo Ministerio como o único centro tecnolóxico nacional de referencia en Eficiencia Enerxética.

Programa de prácticas
Segundo o documento tamén asinado este martes, a USC e EnergyLab realizarán, como mínimo, unha convocatoria de prácticas en cada curso académico. Desenvolveranse nas instalacións de EnergyLab e poderán ser curriculares, contempladas nos planos de estudo; conducentes á elaboración dos traballos Fin de Grao ou de Máster; e extracurriculares ou complementarias.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A pegada ambiental do turismo galego: as termas son a actividade máis contaminante

Un estudo nas Rías Baixas no que participan investigadores de Vigo e Santiago conclúe que os festivais e as visitas a xardíns son opcións máis sostibles

Baterías con selo galego: así serán as futuras tomas de corrente transportables

Os equipos enerxéticos de Enercraft están fabricados con electrónica feita en Galicia

Galicia avanza para contar cos seus propios medicamentos CAR-T nos próximos anos

A finais de ano abrirá un centro de produción en Santiago e un proxecto de investigación traballa para aplicalos en tumores sólidos

Así era Castro Valente: a fotografía láser recrea a muralla da gran fortaleza medieval galega

Un estudo da USC usa as novas tecnoloxías para ampliar información sobre o xacemento de 10 hectáreas situado entre Padrón e A Estrada