Xoves 25 Abril 2024

Dunas escuras de Marte (comprimidas horizontalmente)

Marciana Créditos da imaxe: NASA, JPL-Caltech, MSSS.
Marciana Créditos da imaxe: NASA, JPL-Caltech, MSSS.

Explicación: como afecta o vento á area en Marte? Para axudar a averiguar se difire moito da Terra, o todoterreo automático Curiosity sobre Marte foi enviado a investigar a escura duna Namib no campo dunar Bagnold dentro do cráter Gale. Namib é a primeira duna activa de area investigada de preto fóra do planeta Terra. As ondas creadas polo vento nas areas terrestres semellan parecidas as ondas marcianas, cunha excepción. Os cumios máis grandes visibles sobre a escura duna Namib, cunha media de 3 metros de altura, son dun tipo visto só baixo as augas da Terra. Semellar emerxer sobre Marte polo xeito no que o feble vento marciano arrastra as partículas de area escura. A imaxe publicada foi tirada o decembro pasado e está comprimida horizontalmente para amosar o contexto. Ao lonxe, unha paisaxe normal poeirenta marciana ascende en laranxa claro, mentres unha paisaxe con rochas espalladas pode ollarse no extremo dereito. O Curiosity entrou de xeito inesperado en modo seguro a comezos de xullo, pero foi reiniciado a semana pasada e agora volveu a explorar o interior do cráter Gale, unha vez cheo cun lago, na procura de signos adicionais de que unha vez fora habitable para a vida microbiana.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un equipo da UVigo demostra a viabilidade de ir a Marte con propulsión solar

Investigadores do campus de Ourense presentan o deseño preliminar dun satélite e proban a superiorade deste novo sistema

Unha paisaxe invernal en Marte? Esta imaxe demostra que non todo é o que parece

A misión espacial Mars Express ofrece unha espectacular fotografía do cráter Korolev para conmemorar os quince anos en órbita no planeta vermello

Primeiras imaxes de Deimos, a lúa máis misteriosa de Marte

Foi capturada pola Hope Mars Mission e a partir das capturas os expertos deduciron que o satélite puido formarse co planeta

A nave da misión Artemis I regresa con éxito á Terra tras un mes xirando arredor da Lúa

A cápsula da misión Artemis I amarou o pasado domingo nas augas do Océano Pacífico tras facer historia co seu voo de case 26 días sen tripulación en torno ao noso satélite