O Parque Natural das dunas de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán é un dos espazos máis emblemáticos da natureza en Galicia. O parque ten unha lagoa doce, a lagoa de Vixán. E unha de auga salgada, a lagoa de Carregal, que mantén a súa comunicación co mar. Ámbalas dúas forman hábitats singulares para a flora e a fauna, que teñen características especiais que as converten nun importante refuxio de aves acuáticas. A paisaxe complétase cunha longa cadea de dunas, marismas, chairas e terras de labor.
Este vídeo de RPA Galicia, destacado na rede Dronestagram, permítenos sobrevoar as dunas de Corrubedo e admirar a beleza deste parque natural dende outra perspectiva.