Xoves 25 Abril 2024

A galega Cristina Eimil, premio á mellor tese do ano de Ciencias do Solo en España

A doutora enxeñeira de Montes vilalbesa formada na Escola Politécnica Superior de Enxeñaría (EPSE) do Campus Terra da USC, Cristina Eimil Fraga, vén de ser distinguida co premio da Sociedade Española de Ciencias do Solo (SECS) co premio á mellor tese de doutoramento sobre esta especialidade na convocatoria de 2017, recoñecemento que inclúe diploma acreditativo e unha dotación económica en metálico de 2.000 euros para a autora e unha gratificación de 600 euros para os codirectores da mesma. É o segundo ano consecutivo na que un investigador galego acada o galardón, despois do recoñecemento do ano pasado ao doutorado da UVigo Daniel Arenas Lago.

Logo de analizar as nove candidaturas presentadas, o xurado encargado de fallar este galardón acordou distinguir a investigación de doutoramento desenvolvida por Eimil Fraga baixo a co dirección de Esperanza Álvarez, Roque Rodríguez Soalleiro e Federico  Sánchez.

Publicidade

Esta tese de doutoramento afonda nas relacións entre os parámetros do solo e o tipo de roca en que se asenta, e o crecemento e produtividade de plantacións de piñeiro do país. Os resultados indican a capacidade deste piñeiro para adaptarse a distintos ambientes. Así, a tese conclúe o papel determinante do potasio como elemento nutritivo cuxa dispoñibilidade explica a produtividade da especie. O traballo achega criterios e modelos de predición que melloran a toma de decisións e a optimización de sistemas de xestión forestal en solos acedos, o que contribúe á adecuada ordenación do territorio.

Cristina Eimil Fraga, orixinaria de Vilalba, que na actualidade forma parte do grupo de investigación Unidade de Xestión Forestal Sustentable da USC e traballa como investigadora do Departamento de Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría da Escola Politécnica Superior de Lugo no proxecto LIFE Lugo+Biodinámico, recollerá o premio da Sociedade Española de Ciencias do Solo á mellor tese de doutoramento no marco da asemblea xeral que a referida sociedade científica celebrará o vindeiro 23 de febreiro en Madrid.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Catarreira, friaxe, peleira… As 12 palabras galegas para referirse ao arrefriado

O proxecto ALGa do Instituto da Lingua Galega permite coñecer as variantes léxicas deste estado patolóxico

Un tratamento da USC para deixar de fumar logra a abstinencia do 77% de participantes

O estudo demostra que o uso de recursos tecnolóxicos, como as videochamadas e aplicacións móbiles, son efectivos para abandonar o tabaco

Os bebés expostos ao tabaco teñen maior probabilidade de consumir antibióticos

Un estudo galego analiza os factores asociados ao consumo deste medicamento cunha mostra de 18.882 mulleres

As feces dos osos da cordilleira Cantábrica falan… e teñen boas noticias

Un estudo no que participa a USC investiga o estado actual de saúde destes exemplares para impulsar a recuperación das poboacións