Venres 29 Marzo 2024

O CPEIG convoca o 10º Premio de Fin de Carreira e Mestrado en Enxeñaría Informática

O prazo está aberto ata o día 10 de maio,e poderán obtar os TFG ou TFM presentados nunha universidade galega en 2017, 2018 e 2019

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) acaba de convocar a décima edición do Premio Proxecto Fin de Carreira e Mestrado en Enxeñaría Informática. O galardón quere ser un estímulo para os estudantes e recentemente titulados ou mestrados en Enxeñaría en Informática.

Tal e como se recolle nas bases do certame (ver PDF), poden concorrer ao premio todas aquelas enxeñeiras e enxeñeiros en informática que presentaran nunha universidade galega o proxecto fin de carreira da Enxeñaría en Informática ou o traballo fin de Mestrado en Enxeñaría Informática nos anos 2017, 2018 e 2019. Aqueles estudantes que queiran optar ao premio do CPEIG poden remitir a documentación precisa (ficha resumo do proxecto, resumo e memoria completa do mesmo) ata o día 10 de maio ao enderezo electrónico informacion@cpeig.gal.

Publicidade

Mediante a organización deste premio, o Colexio profesional busca achegarse ao colectivo estudantil e defender as vantaxes da colexiación, ademais de estimular o traballo dos estudantes. Os tres finalistas terán dereito a un ano de colexiación gratuíta e a asistir de balde á “XI Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia”. O gañador ou gañadora recibirá, ademais, unha gratificación económica de 1.000 euros. Unha comisión experta, integrada por representantes do CPEIG e das tres universidades galegas, valorará os proxectos recibidos e seleccionará o traballo gañador.

 Noite da Enxeñaría en Informática

A convocatoria realizada polo CPEIG insírese nos premios da “XI Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia”, que o Colexio organizará o día 28 de xuño en Santiago de Compostela. Este evento anual, ademais de representar un punto de encontro entre todos os colexiados, conta cunha destacada participación de cargos empresariais, institucionais e políticos e é un referente para o sector.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Gciencia: dez anos e moitos premios

O xornal da ciencia galega acadou na súa traxectoria os principais galardóns á divulgación, culturais e polo uso do galego

Guía para o Black Friday en Galicia: como evitar que te estafen

As principais ciberaemazas son a chegada de mensaxes de texto ou correos electrónicos con ligazóns a unha páxina falsa

GCiencia recibe o Premio Peña Novo polo seu “traballo arreo a prol da cultura e lingua do país”

A fundación que impulsou os galardóns hai 28 anos louva o portal “por contribuír decisivamente a poñer en valor o galego” a través do xornalismo

“Chat GPT fascíname como investigadora, como usuaria dáme medo”

A informática Verónica Bolón recibe o Premio Ada Byron polo seu estudo dos algoritmos verdes e o fomento das vocacións STEM