A Costa de Morte máis salvaxe e pura vista desde un drone. O usuario de Youtube proteus83 amosa na súa canle un voo sobre algunhas das zonas máis cautivadoras desta zona do litoral galego. O cabo Fisterra e a vila do mesmo nome, a praia de Mar de Fóra, tamén neste municipio, a fervenza do Ézaro, a ponte romana de Brandomil ou varias zonas de cantís contémplanse desde as alturas.