Venres 29 Marzo 2024

A concentración de lindano en puntos do río Louro multiplica por 10 o máximo

As concentracións de lindano en varios puntos do río Louro, ao seu paso polos concellos do Porriño e Tui, multiplican por 10 o máximo permitido na lexislación, segundo un informe elaborado pola Confederación Hidrográfica Miño-Sil.

Os datos de contaminación revelan concentracións de lindano en auga de xeito continuado dende 2010. As zonas máis afectadas son dous treitos do río Louro, un á altura da ponte da N-550 en Tui e outro no lugar da Rocha-Atios no Porriño.

Publicidade

A organización ecoloxista Adega emitiu un comunicado criticando “a deficiente xestión das administracións ante a recente alarma xurdida pola detección de significativas cantidades de lindano en diversas aguas da traída veciñal no Porriño“. Adega recorda que a compañía Zeltia fabricou lindano (HCH) nunha planta no Porriño entre 1947 e 1964. Máis de mil toneladas de residuos foron vertidos nesta zona e noutros puntos, ás veces como firme para as estradas.

En 1999 a Xunta de Galicia puxo en marcha un plan para o estudo do estado dos solos no Porriño. “As análises feitas revelaron concentracións moi elevadas de isómeros de HCH en terras e augas subterráneas e de abastecemento”, explica Adega; “Estes datos apontan a que a poboación da zona estivo exposta a un alto nivel de contaminación por lindano durante anos, con grave risco a súa saúde”.

Táboa de contaminación por lindano no río Louro. Fonte: CHMS.
Táboa de contaminación por lindano no río Louro. Fonte: CHMS.

Adega pediu que se incorporen as medicións de lindano a todos os planos hidrolóxicos, pero estes datos seguen fora do Plano Hidrolóxico Galicia-Costa (da Xunta de Galicia) e do Plano Hidrolóxico da bacía Miño-Sil (ministerio).

Pola contra, destacan a ampla información e as analíticas que achega a Confederación Hidrográfica Miño-Sil. Os seus datos permitiron coñecer as zonas do río Louro máis afectadas pola contaminación do lindano.

No seu comunicado, Adega pide que se establezan límites de presenza de HCH nas aguas para consumo humano, xa que “até o de agora,  e sorprendentemente, non esisten límites específicos para este contaminante”.

Tamén piden que se aplique o “principio de precaución”,  declarando non aptos para a captación de auga para consumo os ríos e zonas afectadas por substancias contaminantes persistentes, e se amplíen e completen os labores de descontaminación até erradicar a totalidade dos materiais e sedimentos contaminados.

Descargar o Informe Lindano de Ecoloxistas en Acción

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O mapa que revela o territorio galego incompatible coa implantación eólica

Para a elaboración do informe a ONG SEO/BirdLife tivo en conta as figuras de protección e as zonas de alto valor ecolóxico

A Xunta estuda a aplicación no Porriño do novo produto contra o lindano

A Consellería de Medio Ambiente inicia as negociacións coa empresa que comercializa o composto descontaminante

Un composto demóstrase efectivo contra o lindano, o veleno canceríxeno espallado no Porriño

Unha investigación da Universidade de Navarra atopa un descontaminante prometedor para as 1.000 toneladas do produto esparexido na parroquia de Torneiros

Así afecta o eucalipto á biodiversidade na illa de Tambo

Un estudo coordinado por Adega demostra que as áreas de maior riqueza natural son nas que hai unha menor presenza de 'Eucalyptus globulus'