Venres 19 Abril 2024

Composición de Messier 20 e 21

Créditos da imaxe e copyright: Martin Pugh
Créditos da imaxe e copyright: Martin Pugh

Explicación: a fermosa nebulosa Trífida, coñecida tamén coma Messier 20, está a uns 5 000 anos luz de distancia, un estudo cheo de cor con contrastes cósmicos. Comparte este amplo campo de case 1 grao co cúmulo estelar aberto Messier 21 (arriba á esquerda). Triseccionada por corredores de po, a propia Trífida ten uns 40 anos luz de diámetro e só 300 000 anos de idade. Iso convírtea nunha das rexións de formación estelar máis novas do noso ceo, con estrelas recén nadas e embrionarias incrustadas nas súas nubes de gas e po natais. Estímase que a distancia do cúmulo estelar aberto M21 é similar que a M20, pero aínda que comparten esta espectacular paisaxe celeste cósmica non hai conexión aparente entre as dúas. As estrelas de M21 son moito máis vellas, cuns 8 millóns de anos de idade. M20 e M21 son doadas de atopar incluso cun telescopio pequeno na constelación rica en nebulosas de Sagittarius. De feito, esta escena tan feitiña é unha composición de dous telescopios diferentes. Empregando datos de banda estreita mestúrase unha imaxe de alta resolución de M20 cunha imaxe de campo máis amplo que se estende ata M21.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A seguinte eclipse solar total será en 2026 e si, poderase ver dende Galicia

Dentro de dous anos, o fenómeno observarase en todo o seu esplendor na zona oeste do territorio galego arredor das 20:20 horas
00:00:00

A NASA retransmite en directo a eclipse solar total

O fenómeno astronómico poderase desfrutar en México, Estados Unidos e Canadá, e en Galicia só de forma parcial

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150

Envía o teu nome a Xúpiter nunha misión espacial da NASA

Dende a axencia lanzarán unha botella que leva tamén un poema da escritora estadounidense Ada Limón