Sábado 20 Abril 2024

Coloridas nubes estelares en Cygnus

Coloridas nubes estelares en Cygnus
Créditos da imaxe e copyright: André van der Hoeven.

Explicación: as estrelas poden formarse en contornos cheos de cor. Aquí pubícase unha rexión de formación de estrelas rica en gas e po brillante cara a constelación do Cisne (Cygnus), preto da brillante estrela Sadr. Esta rexión, que abarca uns 50 anos luz, forma parte da nebulosa Gamma Cygni, que se atopa a uns 1.800 anos luz de distancia. Cara á dereita da imaxe está Barnard 344, unha nube de po escura e retorta rica de gas molecular frío. Un muro espectacular de po e gas hidróxeno, que brilla en vermello, forma unha liña cara abaixo do centro da imaxe. Mentres que o gas brillante é indicativo das pequenas nebulosas de emisión, as zonas tinguidas de azul son nebulosas de reflexión; luz estelar que se reflicte desde os grans de po normalmente escuros. Probablemente a nebulosa Gamma Cygni non durará o vindeiro milleiro de millóns de anos, mentres que a maioría das estrelas novas e brillantes explosionarán, a maior parte do po será destruído e case todo gas se afastará.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

LIA (2), pioneiros galegos no desenvolvemento da intelixencia artificial na astronomía

O grupo da UDC recibiu o Premio Spin-Off PuntoGal na edición 2023 pola súa traxectoria de éxito

Un novo exoplaneta desafía as teorías clásicas de formación planetaria

Un equipo de astronónomos descobre LHS 3154b, cunha masa similar a Neptuno, orbitando preto dunha estrela anana de moi baixa masa

Descubertos seis exoplanetas que ‘bailan’ de forma sincronizada arredor da súa estrela

Os planetas posúen unha configuración que apenas cambiou desde hai máis de mil millóns de anos

Begoña Vila: “Atoparemos probabilidades de vida noutro planeta”

Co gallo do décimo aniversario de Gciencia, a astrofísica da NASA analiza a divulgación dos achados cósmicos e a busca de vida intelixente