Venres 29 Marzo 2024

A cervexa, en perigo polo cambio climático?

A bebida alcohólica máis consumida no mundo podería estar en perigo debido aos fenómenos meteorolóxicos extremos asociados ao cambio climático. Un estudo publicado no último número da revista Nature Plants analiza como se verá afectada a produción do ingrediente principal da cervexa, o orxo, a causa dos episodios de seca e calor asociados ao quecemento do planeta.

O traballo, realizado por un equipo internacional liderado polas universidades de Pequín e de California, Irvine (UCI), indica que a produción de cebada diminuirá substancialmente a medida que as secas severas e a calor extrema se volvan máis frecuentes. Segundo explica Steven Davis, profesor de investigación en Ciencias da Terra da UCI e coautor do traballo, o equipo preparou modelos baseados nos niveis actuais e futuros previstos de queima de combustibles fósiles e emisións de dióxido de carbono.

Publicidade

“No peor dos casos –explica Davis–, vemos que as partes do mundo onde se cultiva orxo, incluídas as grandes chairas do norte, as praderías canadenses, Europa, Australia e a estepa asiática, experimentarán secas e vagas de calor máis frecuentes, o que provocará unha diminución nos rendementos dos cultivos entre o 3% ao 17%”.

En países coma Irlanda, os prezos da cebada poderían aumentar entre un 43% e un 338% en 2099 

Os autores subliñan que mesmo un quecemento moderado conducirá a un aumento da seca e eventos de calor excesiva nas áreas de cultivo de cebada. Só o 17% da cebada do mundo se usa para a elaboración da cervexa. De feito, a maioría cultívase como alimento para o gando. De acordo cos modelos, a diminución da produción de cebada dará como resultado que se priorice o seu uso para o consumo animal. Todo iso, comentan os investigadores, traducirase nunha diminución no consumo desa bebida e o seu encarecemento.

Un dos países máis cervexeiros e que se vería, por tanto, máis afectado é Irlanda, onde os prezos poderían aumentar entre un 43% e un 338% en 2099 no escenario climático máis grave. Davis di que “o mundo vai afrontar moitos impactos do cambio climático que poñerán en perigo a vida da xente, así que unha menor produción de cervexa e o seu consecuente encarecemento poden parecer triviais. Pero –engade– “a cervexa é unha bebida moi popular no mundo e o feito de que poida resultar difícil beberse unha pinta fresca ao final dun día caloroso, algo que será cada vez máis común, simplemente engade insulto ao agravio“, conclúe.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A praia de Barra agocha unha aldea soterrada: un cambio climático invadiu todo de area hai 500 anos

Unha investigación publicada por Andrés Pino analiza o impacto social e económico da Pequena Idade do Xeo no asentamento de Cangas

Galicia rexistra o cuarto inverno máis cálido en 60 anos

As precipitacións foron un 18% superiores ao habitual para este período, sendo especialmente abondosas en febreiro

Os osos polares, en risco de morrer de fame polo desxeo do Ártico

Un estudo demostra que as estratexias alimenticias destes animais para sobrevivir nunha contorna de terra non evitan que perdan peso

Intelixencia artificial ante o cambio climático: ameaza ou aliada?

Os algoritmos que fan a vida máis sinxela teñen unha gran pegada de carbono. Esta tecnoloxía tamén axuda a resolver problemas ambientais