Sábado 20 Abril 2024

“Camiño a camiño”, un proxecto para descubrir o Vigo máis natural

Camiño a Camiño é unha nova forma de coñecer Vigo, a bisbarra e Galicia. O programa está desenvolto pola concellería de Medio Ambiente de Vigo e durará ata o vindeiro mes de xuño. Combina percorridos medioambientais, hortas-escola e actividades formativas.

O principal obxectivo deste proxecto e a sensibilización medioambiental e o fomento de hábitos saudables entre os cidadáns de Vigo. Esta edición centra a súa atención nas sendas a carón dos principais ríos de Vigo e bisbarra, rutas polos enclaves do Románico das provincias de Ourense e Pontevedra e a clásica visita ás Illas Cíes. Por outra banda, haberá tamén oportunidade de traballar nas hortas-escola, con accións formativas de agricultura.

Publicidade

Os coñecementos adquiridos no curso de formación póñense en práctica Foto: Concello de Vigo
Os coñecementos adquiridos no curso de formación póñense en práctica
Foto: Concello de Vigo.

“Camiño a Camiño” comezou no mes de marzo e xa percorreu as sendas polas ribeiras do río Lagares (dende Cabral ata a desembocadura), do Zamáns (ata Gondomar) do Eifonso e do Verdugo (dende o encoro de Eiras ata preto da desembocadura). Dende o 2 de abril ata o 3 de maio, os asistentes gozarán da experiencia de coñecer o entorno de destacadas construcións do Románico galego nas provincias de Pontevedra e Ourense, onde se atopan sendeiros recoñecidos: Armenteira en Meis, Aciveiro en Forcarei, San Pedro de Roca e San Estevo de Ribas de Sil en Pereiro de Aguiar, e Oseira en Cea. Para rematar, haberá, un percorrido polo Vigo do Románico entre a Igrexa de Coruxo e de Bembrive, pasando pola Igrexa de Castrelos, que celebra o seu 800º aniversario.

Xa en pleno mes de maio, darán comezo as tradicionais visitas as Illas Cíes, ademais de dúas andainas por zonas de media montaña de Galicia: a finais de abril no Concello de Cea, e a principios de xuño nos Ancares.

Para rematar esta tempada, en xuño terá lugar as clásicas rutas nocturnas polos montes vigueses, nesta ocasión no entorno dos montes de Zamáns e de Valladares.

O mellor patrimonio natural de Vigo son os seus montesparques forestais, que as comunidades de propietarios conservan con agarimo. Con este fin creouse o Sendeiro Panorámico de Vigo (GR-53) e outros sendeiros locais da cidade. Neste cuarto ano de actividades, intentarase reforzar a importancia destes montes para Vigo.

A outra parte destas actividades xa se desenvolveu no mes de marzo, cun curso de formación para hortas urbanas, unha demanda percibida por parte da concellería de Medio Ambiente. Para poder levala a cabo, os participantes tiñan que dispor duns conceptos básicos que se suministraron neste curso e que se puxeron en práctica tanto en recintos particulares como municipais que se habilitaron para o efecto. Unha vez realizado este curso de formación, os interesados poderán traballar nas hortas-escola situadas en dez espazos: Sardomela I e II, Fontáns, Ramón Nieto I e II, Pedro Alvarado, Navia, Camelias, Vigozoo, Casa da Xuventude.

Para máis información sobre “Camiño a Camiño”, pódese visitar a súa páxina web.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

“Anicamento” e “teito de cristal”, entre as novas entradas do Dicionario da Academia

A RAG engade corenta voces como novas acepcións e mellora a definición de 20 lemas na súa última actualización

Unha masa de aire polar desplomará os termómetros en Galicia

As temperaturas caen ata 10 graos a vindeira semana, quedando en valores baixos para a época do ano

▪️ Ten sentido implantar en Galicia a nova medida antitabaco do Reino Unido?

A investigadora da USC Mónica Pérez advirte que nos países con altas taxas de fumadores é difícil que esta medida saia adiante

Galicia rexistrou preto de 43.100 raios en 2023, un 66% máis que o ano anterior

O día co maior número de descargas eléctricas detactadas foi o 9 de setembro, cun total de 10.204