Venres 19 Abril 2024

Humor na Lúa: as mellores caídas dos astronautas

A NASA compila os vídeos dos tropezóns na superficie lunar para estudar o comportamento dos humanos nestes ambientes de cara a futuras misións

Co gallo do 50º aniversario da chegada do ser humano á Lúa, sucédense estes días imaxes daqueles pequenos pasos para un home, pero grandes para a Humanidade. Porén, o feito de camiñar nun entorno con tan pouca gravidade tamén provoca imaxes máis propias dun programa de humor ca dun ambicioso plan espacial. Os desequilibrios e as consecuentes caídas son habituais. E a NASA, que non deixa nada ao azar, tamén ten compilado nun vídeo con estas situacións; non só para rir, senón tamén para estudar o comportamento dos astronautas sobre a superficie lunar e, deste xeito, mellorar as futuras misións.

O estudo das caídas e o camiñar pola Lúa

Así, por exemplo, durante a misión do Apolo 15, en 1971, estudáronse as taxas metabólicas dos astronautas mentres percorrían diversos tipos de terreo na Lúa, en subida, en baixada e en zonas chans. E no Apolo 16 avaliáronse as diferenzas entre as destrezas e a mobilidade na Terra e na Lúa, para comprender como a gravidade afecta ao movemento en cada un destes ambientes.

Publicidade

As caídas habituais dos astronautas poden explicarse en que, aínda que o peso dos corpos é menor debido á menor gravidade,  a masa é a mesma, polo que a inercia, que é a resistencia dun corpo aos cambios no movemento, depende da masa, e esta permanece igual. Así, un astronauta que se move na superficie da Lúa percibe unhas condicións moi distintas ás da Terra.

Nos seus estudos, a NASA chegou describir con todo detalle estas caídas. Un exemplo do Apolo 15:

“[O comandante David Scott] comeza a moverse cara a unha nova área mentres bota unha ollada á cámara e fai un resumo da descrición desta zona. Dá un paso cara a un grupo de fragmentos de rocha e entón o seu pé dereito métese nunha pequena depresión e empeza a perder o equilibrio. O seu pé esquerdo esvara tamén por unha pequena rocha. Pero mentres intenta equilibrarse cos pés baixo o seu centro de gravidade, Scott aumenta a súa velocidade dianteira. Entón cae cara a adiante e estende as mans para previr o golpe. Cae do lado esquerdo, arrola e entón queda fóra da vista da cámara de TV”.

Os informes do Apolo 16 afondan nestas caídas, estudando en cada caso os seus motivos e como se repuxo delas o astronauta. Hai varios exemplos, como o do piloto Charles Duke, que caeu ao intentar coller unhas pinzas, ou o comandante John Young, ao que lle pasou o mesmo cando estaba recollendo un pincel e unha bolsa con mostraxes.

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A seguinte eclipse solar total será en 2026 e si, poderase ver dende Galicia

Dentro de dous anos, o fenómeno observarase en todo o seu esplendor na zona oeste do territorio galego arredor das 20:20 horas
00:00:00

A NASA retransmite en directo a eclipse solar total

O fenómeno astronómico poderase desfrutar en México, Estados Unidos e Canadá, e en Galicia só de forma parcial

Como xestionar a enerxía eléctrica en vehículos lunares non tripulados? Así o estuda a UVigo

O proxecto busca garantir as demandas eléctricas dos 'rovers' no polo sur lunar, un lugar de interese científico pola posibilidade de que exista auga conxelada

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150