Venres 19 Abril 2024

Aventura coas focas no Aquarium Finisterrae

Este venres 22 abre o prazo de preinscrición para participar na actividade cos mamíferos mariños do acuario coruñés

O Aquarium Finisterrae abre un novo prazo para participar nunha actividade de fin de semana dedicada a nenas e nenos maiores de 7 anos, que deberán ir acompañadas dun adulto. “Aventura coas focas”, unha experiencia na que se poderá participar nas tarefas de preparación da comida das focas e na súa alimentación, terá lugar os sábados e domingos ás 11 horas, e para a que se ofertan 180 prazas distribuídas en 18 datas de abril, maio e xuño.

Este venres venres 22 de marzo ábrese a preinscrición a través dun formulario electrónico que estará dispoñible entre as 10 e as 13 horas.

Publicidade

“Aventura coas focas” celebrarase os días 6, 7, 13, 14, 27 e 28 de abril; 5, 11, 12, 19, 25 y 26 de maio; e 1, 2, 8, 9, 15 e 16 de xuño.

A ter en conta

Os adultos deberán inscribirse tamén na actividade, e é posible preinscribir ata 3 persoas por solicitude.

É posible escoller a opción “seleccionar calquera data” ou elixir ata cinco datas concretas.

Despois de recibir a confirmación de contar con praza (a través do correo electrónico proporcionado na reserva) é necesario abonar o prezo de entrada ao Aquarium Finisterrae (gratis para titulares de Tarxeta 20 e membros da Asociación de Amigos da Casa das Ciencias) e acreditar a idade dos menores.

Todos os datos achegados ao formulario deben ser certos, en caso contrario a solicitude quedará anulada.

Só se contactará por correo electrónico cos que obteñan praza, o resto de solicitudes pasará a formar parte da lista de agarda.

1 comentario

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O planetario da Casa das Ciencias estrea unha proxección para público infantil

Un filme con dous esquíos como protagonistas ensinaralle os nenos de 4 a 7 anos as condicións de vida doutros planetas do sistema solar

PÓDCAST | A intelixencia artificial, o gran desafío do eido educativo

O investigador da UDC Francisco Bellas analiza no sexto episodio de O Descodificador o impacto do cambio tecnolóxico na educación

O proxecto MEDRA fomenta a investigación en física de partículas entre o alumnado de bacharelato

O IGFAE acolleu a presentación dos traballos realizados por decenas de estudantes na súa primeira experiencia investigadora
00:03:53

Unha xornada de resistencia contra as especies invasoras

Científicos, voluntarios e curiosos danse cita no Aquarium Finisterrae da Coruña para coñecer mellor estas especies e frear a súa expansión no noso ecosistema