Martes 16 Abril 2024

As Pontes convértese na central máis contaminante de España

A instalación térmica galega está no posto 17º das empresas de toda Europa que máis contaminan, segundo datos da Unión Europea

A Unión Europea fixo pública esta semana unha lista cada vez máis desacougante ante o avance do cambio climático; como cada ano, a Axencia Europea do Medio Ambiente difundiu a relación de empresas incluídas no sistema de comercio de emisións da UE (ETS). Esta é unha das estratexias do ente comunitario para combater o cambio global, reducindo as emisións dun dos principais gases causantes do efecto invernadoiro, o dióxido de carbono. E Galicia encabeza a lista en España coa central de Endesa nas Pontes, situada no posto 17º do conxunto de Europa.

A instalación térmica das Pontes emitiu en 2018 7,9 millóns de toneladas de CO2 equivalente (a medida usada para os gases de efecto invernadoiro). Foron 200.000 toneladas menos ca en 2017, cando emitira 8,1 millóns e se situara no posto 19º. Non en tanto, no marco dun descenso xeral de emisións, As Pontes superou á térmica de Aboño, en Asturias, propiedade de EDP, que baixou de 8,2 a 7,1 millóns de toneladas de CO2 equivalente nos últimos dous anos.

Publicidade

As 20 empresas máis contaminantes de Europa: a central térmica das Pontes aparece destacada no 17º lugar.
As 20 empresas máis contaminantes de Europa: a central térmica das Pontes aparece destacada no 17º lugar.

Alemaña copa a lista diante de Ryanair

Aínda que a clasificación das centrais máis contaminantes encabézaa a térmica de Belchatow (Polonia), que o ano pasado emitiu 38,3 millóns de toneladas de CO2 equivalente, superando os 37,6 de 2017. As sete seguintes empresas da lista son centrais térmicas alemanas. E no posto 9º aparece a empresa máis contaminante das que non se dedica a queimar carbón: é a aeroliña Ryanair.

Entre os centos de empresas españolas que aparecen no listado, máis instalacións galegas aparecen con niveis considerables de emisións. Outra central térmica, Meirama, en Cerceda, (propiedade de Naturgy e cuxo peche está anunciado para 2020) está no posto 140º con 2,16 millóns de toneladas, e a refinería de Repsol na Coruña aparece no lugar 319º, con preto de 1,09 millóns de toneladas.

sistema ETS que usa a UE obriga a todos os países a render contas das emisións contaminantes ante a Comisión. É un sistema de compra e venda de dereitos que obriga a contabilizar cada tonelada de gases que emiten arredor de 11.000 instalacións industriais de todo o territorio comunitario. Rexístranse, ademais do CO2, outros compostos como o metano, óxido nitroso, hidrofluorocarburos (HFC), perfluorocarburos (PFC) e hexafluoruro de xofre (SF6).

Podes consultar o informe completo da Axencia Europea de Medio Ambiente nesta ligazón.

 

1 comentario

  1. Son listos de carall*, en troques de convertila nunha central de biomasa fechan todo e mandan todos a paseo..
    Nin os capitalistas saben como funciona o capitalismo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A lamprea, en caída libre en Galicia: de 23.000 quilos capturados a 3.000 en dez anos

O catedrático da USC Fernando Cobo apunta que a presión pesqueira e a captación de auga ilegal fomentan a diminución de especies

A praia de Barra agocha unha aldea soterrada: un cambio climático invadiu todo de area hai 500 anos

Unha investigación publicada por Andrés Pino analiza o impacto social e económico da Pequena Idade do Xeo no asentamento de Cangas

Galicia rexistra o cuarto inverno máis cálido en 60 anos

As precipitacións foron un 18% superiores ao habitual para este período, sendo especialmente abondosas en febreiro

Os ’pellets’ xa invaden zonas mariñas protexidas de Galicia

Unha simulación realizada pola organización internacional Oceana predí que os plásticos están presentes en todo o litoral da comunidade