Sábado 20 Abril 2024

Este arácnido con cabeza de coello intriga aos científicos

Hai ocasións nas que os zoólogos atopan na natureza cousas realmente asombrosas. Tal é o caso deste peculiar arácnido fotografado polo científico natural Andreas Kay na selva amazónica do Ecuador en xullo de 2017. E realmente parece que ten a diminuta cabeza dun lobo negro, ou talvez un coelliño nas súas costas. E non hai manipulación por photoshop nesta foto. Simplemente, ampliouse o seu tamaño e así é o resultado.

Bosquexos do seu descubridor.
Bosquexos do seu descubridor.

A criatura é en realidade un exemplar de Metagryne bicolumnata, un tipo de arácnido mellor coñecido como “patas longas”. Pertencentes á orde Opiliones, existen máis de 6.650 especies destes animais en todo o planeta. E os rexistros fósiles amosan que existiron por moito tempo.

Publicidade

“Contrariamente a unha crenza común, non ten glándulas velenosas e é absolutamente inofensivo”, explica Kay. “Estes arácnidos existiron por polo menos 400 millóns de anos e viviron mesmo antes que os dinosauros”.

Esta especie foi descuberta en 1959 polo especialista alemán en arácnidos Carl Friedrich Roewer. E aquí podes ver os seus primeiros bosquexos da adorable criatura. Pero… Por que esa estraña cabeza de coello?

Source: Bizarre Spider In Ecuador Closely Resembles A Bunny Rabbit by EcuadorMegadiverso

Os científicos non están moi seguros. Por algunha razón, o arácnido evolucionou con este corpo escuro, dúas protuberancias en forma de orella e ollos falsos de cor amarela brillante. Os seus ollos reais están situados máis abaixo no seu corpo, o que se pode ver na imaxe de abaixo.

arácnido dedos
Kay expón a hipótese de que esta forma única do seu corpo podería beneficiar ao arácnido ao facer que se vexa máis grande para os depredadores. Pero estas ideas non foron probadas. De feito, o animal non se estudou extensivamente, e hai moi poucos artigos publicados sobre el desde o seu descubrimento hai case 60 anos.

 

Así  que este coenlliño resulta ser en realidade un arácnido. E os científicos seguen a estudar cal pode ser a razón da súa forma. Se supón algún tipo de vantaxe evolutiva. Ou, simplemente, é unha casualidade que fai que ás veces a natureza nos sorprenda…

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Unha cunicultura con máis algas para usar menos antibióticos

Veterinaria da USC implementa técnicas innovadoras para mellorar a saúde dixestiva dos coellos e aumentar a rendibilidade dos cunicultores

Cae o célebre arco de Darwin, nas illas Galápagos

O Arco de Darwin, unha célebre estrutura labrada pola erosión na...

Estes días o sol cae máis vertical en Galicia ca no Ecuador, e estas son as razóns

A proximidade do solsticio de verán provoca que o astro proxecte menos sombra en Santiago de Compostela ca en Nairobi ou Quito

Investigadores da UVigo descobren unha nova especie de libélula

O profesor Adolfo Cordero é un dos autores do artigo que describe á ‘Philogenia gaiae’, atopada na estación de bioversidade ecuatoriana de Tiputini