Xoves 28 Marzo 2024

A empresa galega Appentra, seleccionada na feira de supercomputación SC18

Appentra Solutions, unha empresa spin-off nacida ao abeiro da Universidade da Coruña, foi seleccionada como unha das sete organizacións que participa na mostra de Tecnoloxías Emerxentes que ten lugar no SC18, o maior encontro mundial de computación de alto rendemento (HPC), que se celebra en Texas, nos Estados Unidos.

O SC18 reúne aos principais axentes mundiais do sector e, cada ano, o seu programa de Tecnoloxías Emerxentes expón solucións innovadoras para a industria, os gobernos, e os laboratorios de investigación científica e académica que poderían mellorar e espallar o traballo da HPC nos vindeiros lustros.

Publicidade

O produto que Appentra presenta na feira de supercomputación, o Parallelware Analyzer, foi seleccionado polo seu potencial para aumentar a velocidade dos procesos de paralelización de código. Isto é, o traballo simultáneo con diferentes linguaxes de programación, para facilitar e axilizar os procesos de supercomputación. Neste senso, o produto de Appentra deseñouse para responder ás necesidades dos programadores e axudalos a recoller información sobre o código fonte en diversos tipos de computación. Así, axúdase a reducir o tempo preciso para desenvolver estes procesos.

Este recoñecemento supón un novo pulo para Appentra, que xa participara na mesma feira en 2016 co seu primeiro produto, o Parallelware Trainer.

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O CESGA acolle a simulación máis realista xamais feita do universo

As instalacións do Centro de Supercomputación de Galicia acolleu todos os datos da simulación, que sumaban ata tres petabytes de datos

GPU Hackaton en Santiago: así axuda a informática a mellorar a ciencia

O Centro de Supercomputación de Galicia e a empresa Appentra organizan en marzo unha reunión internacional sobre 'apps' e ciencia

A Xunta crea en Ferrol un nodo de supercomputación para a industria

O Cesga colabora neste novo servicio que permitirá traballar ás empresas coas ferramentas da Big Data

Un ‘calculón’ para os investigadores de Ourense

Hoxe en día o procesamento de datos é indispensable en case...