Venres 29 Marzo 2024

Alicia Estévez, bióloga do Ano

A catedrática de Microbioloxía da USC Alicia Estévez Toranzo, recibirá este mércores o recoñecemento como Bióloga do Ano por parte do Colexio Oficial de Biólogos de Galicia. Será no marco de celebración dos actos do Día do Biólogo, que terán lugar no Pazo de Adrán, en Calo (Teo). Segundo sinala a institución, é unha xornada “de encontro e de compartir experiencias e especialmente para recoñecer e agradecer o seu esforzo a aqueles colexiados que levan xa 25 anos no colexio”, e que tamén serán homenaxeados na celebración”.

Alicia Estévez (Pontevedra, 1955) conta cunha longa traxectoria investigadora no ámbito da ictiopatoloxía, desenvolvendo novas estratexias de diagnóstico bacteriano e vírico e novas metodoloxías de prevención e control, de gran repercusión sanitaria e económica en Galicia. No ano 2014 foi unha das dúas primeiras mulleres que ingresou na Real Academia Galega de Ciencias en 25 anos. E desde 2017 tamén forma parte da Academia de Farmacia de Galicia.

Publicidade

Outros recoñecementos

Alén do premio a Alicia Estévez, o Colexio tamén entregará este mércores outros galardóns:

Emiliano Aguirre será recoñecido como membro de honra do Colexio de Biólogos.
Emiliano Aguirre será recoñecido como membro de honra do Colexio de Biólogos.

Como Membro de Honra, a institución recoñecerá a Emiliano Aguirre (Ferrol, 1925), un dos ‘pais’ do xacemento de Atapuerca. O Colexio premia o “seu relevante labor de investigación en Paleontoloxía e Evolución Humana”. Aguirre, que recibiu o Premio Príncipe de Asturias á Investigación Científica e Tecnolóxica en 1997, destacou  pola visión interdisciplinar e proxección ao futuro dos seus traballos, e foi pioneiro na introdución e defensa da Teoría Sintética da Evolución, integrando os seus achados paleontolóxicos e paleoantropolóxicos no marco teórico do neodarwinismo.

O premio de Empresa será para Hijos de Rivera S.A., “en atención á súa decisión pola recuperación do lúpulo e os novos métodos de produción de cervexa, apostando pola innovación e os procesos de fabricación respetuosos co medio ambiente e incluíndo produtos ecolóxicos (sidra). O seu laboratorio de I+D+i e plataforma de innovación (CustomDrinks) foi capaz de adaptar as últimas tendencias en formatos e produtos e participa no proxecto MYCONTROL, que ten como obxectivo xeral diminuír o impacto das micotoxinas que se atopan nas materias primas utilizadas para a fabricación de produtos de uso alimentario tanto humano como animal”.

Como Institución será premiada a Fundación Paideia-Galiza. A organización, constituída en 1986, polo seu compromiso coa diversidade funcional das persoas, a mellora territorial de Galicia e a promoción de accións medioambientais e de desenvolvemento sostible. Entre outras iniciativas, salientar a creación do Jardín Botánico Fundación Paideia, na Escravitude, a inclusión da xestión medioambiental como unha ferramenta máis da xestión empresarial, a participación nun Proxecto Leader centrado na promoción do emprego de mozos e en CULTIGAR, Laboratorio de Biotecnoloxía Vexetal pioneiro en Galicia, dedicado á Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico na produción, cultivo e calidade sanitaria de planta ornamental, forestal e hortofrutícola.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Adeus a Emiliano Aguirre, o galego que abriu Atapuerca ao mundo

O científico, falecido o luns aos 96 anos, puxo en marcha as escavacións nun xacemento clave para comprender a evolución humana

Vinte mulleres de ciencia en Galicia que tes que coñecer

Como se adoita dicir, non están todas as que son, pero...

“Este día ten que valer para que deixen de cuestionar á muller”

As catro científicas galegas reunidas no Día da Muller e a Nena na Ciencia coinciden en que queda traballo por facer, aínda cos avances acadados

“A sociedade non interiorizou a enorme importancia da ciencia como motor dun país”

A catedrática de Microbioloxía Alicia Estévez, premio María Wonenburger 2018, participa no encontro do Día da Muller e a Nena na Ciencia