A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) declarou hoxe a alerta amarela por fortes choivas nas provincias de Pontevedra e A Coruña. As zonas afectadas son o Oeste e Suroeste coruñés, as Rías Baixas e os municipios do interior pontevedrés.
As previsións apuntan a precipitacións duns 40 mm nun prazo de 12 horas. Tamén se activaron alertas en Asturias e Cataluña.
Pola súa banda, Meteogalicia non activou alertas, aínda que as súas previsións coinciden con fortes precipitacións en Galicia nas vindeiras horas. Un embolsamento de aire frío en altura é o responsable desta situación de choivas, con moita inestabilidade cando menos ata o mércores. Ademais, os chubascos serán en ocasións de intensidade forte e poderán vir acompañados de aparato eléctrico e sarabia.