Xoves 25 Abril 2024

A AEMET cifra nun 10% a probabilidade de que Helene chegue a Galicia

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) rebaixa as primeiras predicións do modelo da axencia europea ECMWF, que o pasado martes situaba nun modelo ao furacán Helene en dirección Norte e tocando as costas de Galicia. Pero o paso das horas alivia esta predición, e a AEMET afirma que só existe un 10 por cento de probabilidade de que o Helene toque a costa galega, xa convertido nunha tormenta tropical con ventos entre 60 e 120 kms/hora.

A AEMET considera que a probabilidade é ‘moi baixa’ e, de chegar, os efectos desta tormenta tropical serían similares aos de moitas borrascas do inverno.

Publicidade

Modelo da ECMWF co furacán 'Helene' situado fronte a Galicia.
Modelo da ECMWF a medio prazo pulicado o martes co furacán ‘Helene’ situado fronte a Galicia.

A ECMWF é unha organización intergubernamental participada por 21 países europeos e 13 estados asociados. A súa predición publicada o martes xa contrastaba coa feita por outro organismo meteorolóxico o Global Forecast System (GFS)  dos Estados Unidos, que apuntaba noutra dirección. Segundo o GFS, o furacán ‘Helene’ non se dirixirá cara a América, pero quedará situado no medio do Atlántico, estable nunha zona próxima ás illas Azores.

Modelo para Helene do GFS.
Modelo para Helene do GFS publicado o martes, co Helene nas Azores.

Nas vindeiras horas, as incógnitas sobre o Helene quedarán confirmadas, segundo avance o ciclón cara o Norte polo Atlántico e as predicións sexan aínda máis fiables.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Detectado o virus de Crimea-Congo en carrachas do Bierzo: “Probablemente xa estea en Galicia”

Os expertos advirten que a enfermidade hemorráxica parece estar propagándose polo noroeste peninsular e urxen medidas para freala

O festival científico CinVigo encheu a Porta do Sol de ciencia e ilusión

Participaron máis de 220 alumnos de Secundaria, Bacharelato e FP que presentaron 58 proxectos na feira celebrada na cidade olívica

Os Prismas convocan unha categoría sobre océanos polo 25 aniversario do Aquarium

Os traballos deben presentarse antes do 3 de xuño. Os galardóns están impulsados polo Concello da Coruña e os Museos Científicos Coruñeses

Volven as Líridas: como ver esta chuvia de estrelas dende Galicia

O fenómeno astronómico, que se poderá ver ata o xoves 25 de abril, será pouco visible a causa da lúa chea