Xoves 25 Abril 2024

Abanca doa catro lectores clínicos que analizan 25.000 test da Covid-19 ao día

Os dispositivos axilizan o tratamento e a extracción de plasma sanguíneo para tratar a outros enfermos de coronavirus

Abanca doou ao Servizo Galego de Saúde (Sergas) catro lectores clínicos que permiten analizar até 25.000 test de anticorpos de coronavirus ao día ao automatizar o diagnóstico.

Así o informou a entidade financeira nun comunicado, no que detalla que o Sergas finalizou esta semana a instalación de tres destes equipos tecnolóxicos nos laboratorios dos hospitais da Coruña, Santiago e Lugo, de acordo coas necesidades identificadas. O cuarto chegará nos próximos días ao hospital de Vigo.

Publicidade

Os novos dispositivos son lectores automatizados de test de anticorpos en sangue mediante a técnica inmunoquímica ELISA (Ensaio por Inmunoabsorción Ligado a Encimas, polas súas siglas en inglés), que permite o proceso dun número elevado de mostras á vez.

Tres equipos están xa instalados en hospitais do Sergas e o cuarto chegará nos próximos días

Ao automatizar a obtención de resultados do test serológicos, axilízase o tratamento dos pacientes e a extracción de plasma sanguíneo con anticorpos, no caso de que sexa necesario para tratar a outros enfermos.

Este material forma parte dun pedido total de 514 equipos de alta tecnoloxía adquiridos pola entidade financeira por un importe total de 4 millóns de euros para ampliar os recursos dos hospitais públicos galegos fronte á pandemia actual e posibles rebrotes futuros.

O material forma parte dun pedido total de 514 equipos de alta tecnoloxía adquiridos pola entidade financeira

Así, ao pedido inicial de 150 unidades de coidados intensivos engadíronse outros 364 equipos, entre os que se incluían monitores ultiparamétricos, monitores de constantes vitais, desfibriladores e ecógrafos de alta prestación que permiten dotar á UCI dos hospitais galegos de todo o material necesario para a atención ao paciente.

Abanca sinalou que boa parte destes equipos xa están instalados nos hospitais galegos, e está previsto que o resto do material adquirido chegue a Galicia durante este mes.

Apoio contra a pandemia

A entidade financeira destacou que desde o inicio da pandemia activou numerosas iniciativas dirixidas a mitigar os seus efectos socieconómicos.

Así, sinalou que, con carácter urxente, activou a mediados de marzo o ‘Plan Anticipar’, coa mobilización de 7.900 millóns de euros en liñas de liquidez para o tecido empresarial e produtivo e o pago de pensións da Seguridade Social e das prestacións por desemprego.

A entidade indicou que tamén empezou a comercializar financiamento con aval do Estado a empresas e autónomos, dentro da liña especial do ICO Covid-19, e impulsou unha moratoria financeira en préstamos hipotecarios e persoais para os seus clientes prexudicados polos efectos do coronavirus.

Adicionalmente e no marco dun acordo coa Xunta, anticipou até 1.500 euros da prestación por desemprego aos seus clientes afectados por un ERTE; e acordou condonar durante tres meses o aluguer ás familias do Fondo Social de Vivenda, entre outras cuestións.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Sanidade intensifica a vixilancia da tosferina, con 241 casos no que vai de ano

A maior concentración de diagnósticos actuais dáse en idades escolares, sobre todo na franxa de 10-14 anos

O Sergas inicia un programa piloto de cribado de cancro de pulmón

A proba vai dirixida a persoas de alto risco de entre 55 e 74 anos que sexan grandes fumadoras ou deixaran o hábito hai menos de 10 anos

Por que algúns pacientes teñen covid persistente e outros non? Este estudo dá na clave

Un equipo do Hospital Universitario de Zúrich busca mellorar a atención aos doentes con novas estratexias de tratamento

Ascenden a 57 os falecidos por gripe en Galicia

O último informe do Sergas confirma a tendencia á baixa da incidencia nas catro provincias