Venres 29 Marzo 2024

A ciencia en imaxe: un concurso fotográfico para retratar o coñecemento

Varias facultades da USC, en colaboración coa Real Academia de Ciencias, organizan un certame que entrega 500 euros en premios

Calquera persoa pertencente á comunidade da Universidade de Santiago de Compostela  poderá participar no concurso fotográfico A ciencia en imaxe, que organizan as facultades de Bioloxía, Ciencias, Física, Matemáticas e Química impulsan xunto á Real Academia Galega de Ciencias (RAGC).

O certame, que celebra a súa sexta edición, outorgará 300 euros para a fotografía gañadora e 100 euros, para as fotografías seleccionadas en segundo e terceiro lugar. As imaxes poderán abordar calquera tema relacionado coas ciencias, a investigación e a divulgación científica.

Publicidade

Bases

a participante poderá presentar un máximo de tres imaxes, dixitalizadas e realizadas con calquera equipo, profesional ou afeccionado, incluído o teléfono móbil. A fotografía enviada debe ser orixinal, inédita, e non presentada a concursos. De ser o caso, o autor sería inmediatamente descualificado. A fotografía, que se xuntará nun ficheiro, estará acompañada dun título e un breve comentario ou reflexión do autor/a, de cinco a dez liñas, que se incluirán no rexistro. O arquivo debe estar en formato JPG e ter un tamaño mínimo de 2 MB. O rexistro é de balde a través deste formulario.

O prazo de inscrición remata o vindeiro 6 de novembro ás 14.00 horas. Ademais dos premios previstos, o xurado resérvase o dereito de asignar ata tres mencións de honra malia que un mesmo participante soamente poderá acadar un premio ou mención. O acto de entrega celebrarse o 13 de novembro na Aula Magna de Bioloxía.

O xurado estará composto por un membro de cada centro organizador, un membro da RAGC e un experto en fotografía. Ademais, serán membros do xurado, con voz pero sen voto, o decano da Facultade de Bioloxía, ou a persoa en que delegue, e a secretaria do centro, que actuarán como presidente e secretaria do xurado, respectivamente. O xurado decidirá por maioría as fotografías premiadas segundo os criterios de orixinalidade, estética e adecuación ao tema proposto. Tamén se terá en conta a conciencia social, e a capacidade crítica e comunicativa expresada.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

As plantas non nativas aceleran a desaparición dos ameneiros galegos

As árbores centroeuropeas que se importan para restaurar as plantacións afectadas por unha doenza fúnxica producen uniformidade xenética

Un novo método da USC axudará a combater o furtivismo marisqueiro en Galicia

Tres investigadores estiman que entre 2012 e 2020 máis de 1.700 persoas extraeron de forma ilegal 660 toneladas de marisco

Investigadoras galegas constatan que as mulleres autistas camuflan máis os seus síntomas

O enmascaramento provoca retrasos no diagnóstico e problemas de saúde mental derivados da presión social

A Academia de Ciencias entrega os Premios Ernesto Viéitez Cortizo 2023

Recoñece a tres equipos galegos polo estudo de microplásticos, do control da glicosa e da mellora de imaxes médicas con IA