Xoves 18 Abril 2024

Xa podes ver 35 anos de cambios en Galicia co Timelapse de Google

A compañía actualiza o seu servizo de Google Earth e incorpora novas imaxes de satélite ata conformar 35 anos de historia

Como medran as cidades, cambian os portos ou aparecen estruturas como a Cidade da Cultura de Santiago ou o porto exterior de Punta Langosteira. Galicia aparece ante os nosos ollos con imaxes de satélite dende 1984 ata a actualidade grazas a Google Earth Engine e o seu visor Timelapse. O mapa de Galicia permite unha viaxe no tempo a través de 35 anos de historia que aparece reflectida en estradas, edificios, portos, obras públicas… que van mudando a xeografía do país.

A nova aplicación de Google é ademais utilizable para calquera localización xeográfica, mesmo a calquera vila ou aldea. Podes ir ano a ano ou ver un vídeo formado polas novas obras que van superpoñéndose na paisaxe.

Publicidade

É posible moverse polo mapa ou escribir unha localización no seu buscador para experimentar co timelapse de 35 anos. E Google vén de actualizalo engandindo dous anos máis de historia e facendo a súa interface operativa para teléfonos intelixentes e tabletas.

Google sinala respecto diso que isto é agora posible grazas a que navegadores web como Chrome e Firefox restableceron a reprodución automática de vídeos, aínda que co son desactivado, sendo unha característica necesaria para que esta ferramenta poida funcionar.

Google tamén ofreceu unha serie de datos. Como que combinou máis de 15 millóns de imaxes satelitais, chegadas dos programas Landsat USGS/NASA dos Estados Unidos e Sentinel de Europa, para crear 35 imaxes globais libres de nubes que conforman a nova ferramenta. Así que xa podes viaxar no tempo para ver como evolucionou a paisaxe de Galicia dende 1984,

Para acceder ao Google Earthe Engine no seu visor Timelapse só tes que ir a esta ligazón e buscar a localización xeográfica que elixas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Galicia rexistrou preto de 43.100 raios en 2023, un 66% máis que o ano anterior

O día co maior número de descargas eléctricas detactadas foi o 9 de setembro, cun total de 10.204

Un potente anticiclón adianta o verán en Galicia con temperaturas por enriba dos 31 graos

As altas presións situadas sobre Francia están bloqueando a chegada de borrascas e atraendo aire cálido ao norte da península

Como medir as estrelas para revelar os misterios da Vía Láctea

Os investigadores do CITIC Xabier Pérez e Lara Pallas participan na misión Gaia, que pretende crear o maior mapa 3D da nosa galaxia

Unha trintena de casos de dengue en Portugal: debemos preocuparnos en Galicia?

O mosquito tigre, vector da enfermidade infecciosa, detectouse por primeira vez no territorio galego no verán de 2023