Cartel de "Inside the lab". Imaxe: CiTIUS.

Cartel de "Inside the lab". Imaxe: CiTIUS.

Inside the Lab: portas abertas para ver o que pode facer a tecnoloxía por nós

O CiTIUS de Santiago celebra unha xornada de demostración da transferencia tecnolóxica aberta a empresas e administracións públicas

Este venres 6 de xullo, as instalacións do CiTIUS de Santiago acollen  a xornada Inside the lab 4, unha nova edición do encontro global co mundo da empresa e as administracións públicas que cada verán regresa ao centro. Tralo éxito de participación de edicións anteriories (preto de 100 asistentes e 60 organizacións en 2017), os científicos confían en atraer de novo ao público máis especializado para seren quen de trasladarlle as vantaxes competitivas dos seus resultados de investigación.

Durante toda a mañá, de 10 a 14 horas, os asistentes terán a oportunidade de descubrir unhas tecnoloxías que contan xa cun grao óptimo de innovación e madurez, o que as converte en candidatas ideais para ser transferidas. Distintos puntos de información repartidos polo centro destacarán algunhas das múltiples aplicacións coas que contan estes sistemas, tanto a nivel social como industrial.

A xornada permitirá o acceso a dez demostradores doutras tantas liñas de investigación, entre elas propostas sobre seguimento de obxectos con deep learning dende plataformas móbiles, caracterización e seguimento de usuarios de redes sociais en tempo real, detección de obxectos pequenos en vídeo, visión artificial para o deseño de medicamentos contra o cancro, control e navegación autónomos de alta precisión ou Xeración automática de informes de procesos de negocio, entre outros.

Á xornada asistirán tamén responsables das dúas spin-offs creadas por investigadores do CiTIUS: Situm, que centra a súa actividade nas tecnoloxías de xeoposicionamiento en interiores, e Imagames, orientada ao desenvolvemento de solucións de gamificación en diversos dominios como a formación de empregados, as técnicas de e-learning (aprendizaxe virtual), ou a mercadotecnia dixital.

As persoas interesadas en participar en Inside the lab deberán cubrir antes do xoves 5 de xulloformulario de inscrición na web oficial do evento.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.