Descifrar a cámara sen violar a privacidade: o traballo de atlanTTic premiado en ciberseguridade

Tres investigadores da UVigo, galardoados nun congreso internacional por un estudo sobre contido multimedia

Propoñen unha infraestrutura federada que permite a organismos independentes explotar de forma conxunta información forense multimedia
Propoñen unha infraestrutura federada que permite a organismos independentes explotar de forma conxunta información forense multimedia

Os investigadores de atlanTTic Alberto Pedrouzo-Ulloa, Fernando Pérez-González e David Vázquez-Padín veñen de ser galardoados nun congreso internacional sobre ciberseguridade, o EICC (European Interdisciplinary Cybersecurity Conference), polo seu traballo Secure Collaborative Camera Attribution, na categoría de póster. Os tres investigadores pertencen ao Grupo de Procesado de Sinal en Comunicacións, que forma parte do Centro de Investigación en Tecnoloxías de Telecomunicación da Universidade de Vigo (UVigo).

O traballo premiado da resposta aos inconvenientes que se atopan axencias de policía e seguridade cando teñen que xestionar unha gran cantidade de contido multimedia. Como solución, os investigadores propoñen unha infraestrutura federada que permite a organismos independentes explotar de forma conxunta información forense multimedia, respectando a privacidade dos datos considerados, que en todo momento se atopan cifrados no caso de que teñan que deixar o seu organismo de orixe, como en investigacións transfronteirizas.

No traballo premiado, os investigadores exemplifican o uso desta infraestrutura no problema de atribución de cámara, no que o obxectivo das investigacións forenses é coñecer con que cámara se obtiveron as imaxes, pero buscando preservar en todo momento a privacidade dos datos forenses pertencentes a organismos independentes.

Con este artigo, o grupo GPSC continúa unha liña de traballo xa recoñecida anteriormente con diversos premios tanto en congresos nacionais como internacionais. O EICC está consolidado internacionalmente como un punto de encontro entre académicos e profesionais da ciberseguridade ao longo de toda Europa.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.