Cartel do CesgaHack 3.

Cartel do CesgaHack 3.

CesgaHack 3: un punto de encontro para acelerar aplicacións

O Centro de Supercomputación de Galicia e a empresa Appentra organizan en Santiago a terceira edición do evento entre o 24 e o 28 de setembro

Conta atrás para a terceira edición do CesgaHack 3, un evento tecnolóxico organizado polo Centro de Supercomputacion de Galicia (Cesga) e a empresa Appentra Solutions para axudar a científicos e programadores de aplicacións a acelerar e mellorar as prestacións dos seus produtos.

A reunión, que se celebrará nas instalacións do Cesga entre o 24 e o 28 de setembro, poñerá a disposición dos participantes o supercomputador Finis Terrae II do centro, así como a un equipo de mentores expertos en optimización, paralelización e execución de aplicacións HPC, para axudar no proceso. Deste xeito, as aplicacións poderán acelerar o tempo de execución e reducir o tempo que pasan codificando para mellorar o software.

Do mesmo xeito, os participantes tamén poderán utilizar o programa Parellelware Trainer de Appentra para acelerar o ciclo de vida do seu desenvolvemento, ao poder identificar rápidamente oportunidades reais para paralelizar a súa aplicación.

A participación no CESGAHack 3 é gratuíta, e cómpre inscribirse antes do 5 de agosto (nesta ligazón). Segundo sinalan desde o CESGA e Appentra, o evento é unha oportunidade para “obter a formación individualizada que ofrece este contorno único, axudando a avanzar no seu desenvolvemento e aforrar tempo no seu tempo de execución de aplicacións de software”.

En edicións anteriores, o evento supuxo un importante pulo para os participantes. É o caso do equipo Edanya da Universidad de Málaga, que gañou o premio NVidia Global Impact grazas a un modelo de predicións de tsunamis.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.