Montes dos Ancares calcinados en outubro de 2017. Imaxe: R. Pan.

Montes dos Ancares calcinados en outubro de 2017. Imaxe: R. Pan.

Preto de 90 cámaras para evitar os incendios nos montes galegos

A Xunta activará a mediados de agosto as 88 cámaras que vixiarán 1,5 millóns de hectáreas e as zonas con maior actividade incendiaria

A Xunta de Galicia anunciou esta semana a posta en funcionamento de 20 das 88 cámaras da Rede de Videovixilancia Forestal, que estarán instaladas nos en 44 centros de Retegal, o operador público de telecomunicacións de Galicia. En cada un destes centros instalaranse dúas cámaras dotadas de visión nocturna e con capacidade para operar baixo temperaturas extremas e resistentes a ventos furacanados, segundo informa o ente autonómico.

O sistema achegará información en directo sobre o avance e as condicións dos posibles incendios

Unha vez entren en funcionamento todos os dispositivos (o que está previsto a mediados de agosto), permitirán ter cobertura visual sobre máis de 1,5 millóns de hectáreas, o 54% do territorio galego, incluíndo terreos das 73 parroquias de Alta Actividade Incendiaria rexistradas no plan de prevención de incendios (Pladiga).

Esta plataforma ofrecerá unha xestión centralizada das cámaras, facilitando a vixilancia remota dos montes desde o Centro de Coordinación Central durante as 24 horas do día e permitirá aos axentes e técnicos forestais o acceso en tempo real ás imaxes, incluso a través de dispositivos móbiles.

Xeolocalización

Do mesmo xeito a plataforma integrarase coas aplicacións empregadas polo Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais, como Xeocode, baseada en sistemas de información xeográfica, que posibilita a xestión de alarmas, incendios, medios e persoal a nivel de distrito, provincial e central.

Segundo expón a Xunta, en caso de detectarse un lume o sistema achegará información visual en directo sobre o avance e as condicións do incendio e permitirá xeoposicionar o punto que se está a visualizar en cada momento. Deste xeito, a rede ofrece un mecanismo de apoio á toma de decisións polas autoridades e persoal técnico competentes para mobilizar e xestionar medios e recursos para os labores de extinción.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.