Xoves 25 Abril 2024

Galicia ten a peor velocidade de Internet de España

Galicia ten a peor velocidade de Internet en España. Os datos son do Ministerio de Enerxía, Turismo e Axenda Dixital, que no seu último informe revela as diferenzas entre a conexión coa rede nas diferentes comunidades autónomas. E Galicia está no furgón de cola do Estado. Un de cada tres galegos ten unha velocidade de menos de 10 Mbps. A Axenda Dixital Europea pretende que no 2020 toda a poboación da UE teña unha velocidade mínima de 30 Mbps, algo que está moi lonxe da realidade en Galicia a menos de tres anos vista.

Por provincias, a peor de España é Lugo, onde o 38,52 por cento da poboación ten unha velocidade menor de 10 Mbps. Segue a provincia de Ourense, cun terzo dos seus habitantes por baixo da cota dos 10 Mbs. Pontevedra (29,37%) e A Coruña (26,07%) pechan a clasificación galega. O peor dato é que as catro provincias galegas pechan a clasificación no  Estado. A quinta pola cola é Teruel, co 22,78% cunha Internet de baixa velocidade.

Publicidade

cobertura por comunidades

Aínda que a Axenda Dixital Europea ten entre os seus obxectivos o levar internet a unha velocidade mínima de 30 Mbps ao 100% da poboación no ano 2020,, preto dun 25% da poboación española aínda non ten acceso a infraestruturas que permitan navegar pola rede a esa velocidade.

O escenario non queda aí porque a desigualdade territorial provoca que en polo menos 31 provincias, entre o 30% e o 65% da súa poboación non poida acceder a internet a través de banda ancha fixa aos 30 Mpbs establecidos na citada Axenda Dixital, segundo o último informe de cobertura de banda ancha do Ministerio de Enerxía, Turismo e Axenda Dixital. Neste caso, Toledo e Teruel son os territorios que contan coas peores porcentaxes, en ambos os casos, ao redor dun 65% da poboación.

Máis aínda, hai oito provincias nas que entre o 20% e o 40% da poboación non pode acceder a internet a máis de 10 Mbps. E catro delas son as galegas, ás que se suman Xirona, León, Santa Cruz de Tenerife e Teruel. De forma minoritaria, algo máis do 3% da poboación española non pode navegar pola rede a máis de dúas Mbps.

A dispersión da poboación galega está entre as razóns desta baixa velocidade en Internet, o que dificulta a cobertura en núcleos illados. Pero os datos do Ministerio de Enerxía, Turismo e Axenda Dixital non deixan dúbidas: Galicia ten a peor velocidade de Internet de toda España.

Aquí podes descargar
o informe sobre acceso a Internet do Ministerio de Enerxía, Turismo e Axenda Dixital

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Detectado o virus de Crimea-Congo en carrachas do Bierzo: “Probablemente xa estea en Galicia”

Os expertos advirten que a enfermidade hemorráxica parece estar propagándose polo noroeste peninsular e urxen medidas para freala

O festival científico CinVigo encheu a Porta do Sol de ciencia e ilusión

Participaron máis de 220 alumnos de Secundaria, Bacharelato e FP que presentaron 58 proxectos na feira celebrada na cidade olívica

Os Prismas convocan unha categoría sobre océanos polo 25 aniversario do Aquarium

Os traballos deben presentarse antes do 3 de xuño. Os galardóns están impulsados polo Concello da Coruña e os Museos Científicos Coruñeses

Volven as Líridas: como ver esta chuvia de estrelas dende Galicia

O fenómeno astronómico, que se poderá ver ata o xoves 25 de abril, será pouco visible a causa da lúa chea