Un software galego para pirotecnia, de viaxe a Silicon Valley

Pyrkaia Firing System, un sistema de creación, deseño e xestión de espectáculos de pirotecnia, resultou gañador do certame convocado pola iniciativa Yuzz na USC. O seu creador, David Sánchez Silva, viaxará a Silicon Valley para coñecer de preto o principal polo de innovación do mundo.

David Sánchez, creador de Pyrkaia, recibe o seu galardón.
David Sánchez, creador de Pyrkaia, recibe o seu galardón.

O sistema desenvolto por David Sánchez consiste nun programa informático que simula un espectáculo de pirotecnia e son. Grazas ao software utilizado, as empresas do sector poden deseñar e sincronizar miles de efectos pirotécnicos e previsualizar o espectáculo sen necesidade de facer probas reais. Este avance permite ás empresas de pirotecnia aforrar ata un 70 por cento de custes.

O programa Yuzz ofreceu durante cinco meses apoio, formación e asesoramento a un grupo de 25 emprendedores universitarios, seleccionados entre máis de 70 solicitantes, para desenvolver o seu plan de negocio e converter as súas ideas en proxectos empresariais.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.