Venres 29 Marzo 2024

Un método galego con 214 indicadores para avaliar a transparencia

A Área de Metodoloxía das Ciencias do Comportamento da USC desenvolveu unha Metodoloxía de Xestión da Transparencia que a empresa galega BALIDEA aplicará en institucións públicas que lle demandaron esa avaliación.  Grazas a un acordo asinado recentemente, as institucións galegas teñen á súa disposición unha ferramenta “ad-hoc” para verificar non só que cumpren a Lei de Transparencia senón tamén a Lei Galega de Transparencia e Bo Goberno de decembro de 2015.

balidea-instalaciones
Instalaciones de la sede central de Balidea, en Santiago.

O catedrático da USC Jesús Varela Mallou, experto en avaliación e medida, ideou no grupo de investigación PSICOM da USC un Modelo de Excelencia na Xestión da Transparencia formado por 214 indicadores clave que, de cumprírense, “garanten que estamos ante una institución pública comprometida co goberno aberto e participativo”. Ademais de medir o grao de cumprimento da Lei de Transparencia, esta metodoloxía é tamén unha ferramenta de xestión “en canto permite aos responsables públicos identificar as áreas de mellora e boas prácticas que os axudarán a definir as súas estratexias”.

Publicidade

Estes días darán comezo as primeiras auditorías de transparencia nun dos maiores concellos de Galicia e nun organismo público da Administración galega. En ambos casos procederase do mesmo xeito, comezando por ofrecer formación específica sobre transparencia e protección de datos a todos os seus membros. A continuación, entre os traballadores nomearase un grupo de “autoavaliadores internos”, que terán unha formación específica co fin de calibrar e estandarizar o manexo das escalas de avaliación. E aí comezará a terceira fase, de diagnose, de acordo cun grupo de indicadores que responden aos requirimentos e esixencias da Lei de Transparencia Activa (19/20139) así como a outros tópicos que transcenden a lei e que a metodoloxía da USC contempla sobre transparencia pasiva, colaborativa, divulgativa e participativa.

O método permite unha valoración numérica de 0 a 100 para a transparencia de cada institución

Unha vez realizada a autoavaliación queda a cuarta e última fase de comprobación e consenso na que, ademais dos autoavaliadores internos, participa unha persoa experta e allea á institución cuxa principal misión é revisar as evidencias achegadas e asegurar así o seu nivel de compromiso co goberno aberto. A USC emitirá logo un informe avalando o cumprimento da Lei.

A principal característica desta metodoloxía é que non só proporciona unha valoración numérica de 0 a 100 que permitirá establecer un ranking en función do nivel de compromiso coa Lei, senón que tamén facilita información de natureza cualitativa acerca das boas prácticas e deficiencias ou incumprimentos así como as accións de mellora ou medidas correctoras a tomar de maneira priorizada.

USC e BALIDEA agardan con este acordo contribuír a promover o avance das Políticas de Transparencia, Participación e Colaboración Cidadá no conxunto das entidades públicas de Galicia para lograr marcos de convivencia estables e favorecedores do desenvolvemento económico e social. En xeral, explican, tratan de facilitar o exercicio dos dereitos de acceso á información e de participación á cidadanía e á sociedade, buscando implicación e compromiso coa acción pública, o que incrementará a súa confianza nos gobernos.

Podes atopar máis información sobre BALIDEA na nosa reportaxe da sección I+E

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Galicia avanza para contar cos seus propios medicamentos CAR-T nos próximos anos

A finais de ano abrirá un centro de produción en Santiago e un proxecto de investigación traballa para aplicalos en tumores sólidos

Así era Castro Valente: a fotografía láser recrea a muralla da gran fortaleza medieval galega

Un estudo da USC usa as novas tecnoloxías para ampliar información sobre o xacemento de 10 hectáreas situado entre Padrón e A Estrada

O meteorito que brillou como cincuenta lúas cheas xa pode visitarse en Santiago

Tratouse dun asteroide de 1,15 metros de tamaño e 2,62 toneladas de masa que chocou contra a atmosfera a 15 Km/s

Unha tese galega demostra a viabilidade de reutilizar restos vinícolas e pesqueiros no país

Antonio Cortés avaliou a sustentabilidade das estratexias de valorización de residuos orgánicos, alén de estudar a ecoeficiencia dos procesos