Xoves 25 Abril 2024

A Universidade da Coruña crea un submarino para inspeccións petrolíferas

Unha plataforma robótica subacuática de inspección non tripulada para o mantemento das estruturas offshore, un buque capaz de cargar cos muíños eólicos e instalalos a 40 metros de profundidade, e un sistema inmersivo para a asistencia remota ao mantemento de buques dende calquera lugar do mundo. Son os tres grandes proxectos de produción naval offshore que acometerá a Universidade da Coruña (UDC), que vén de presentalos publicamente.

Este gran programa, denominado A-Tempo —acrónimo de Avances en Tecnoloxías Mariñas, Produción Naval e Offshore—, desenvolverase cun orzamento de 3,2 millóns de euros que proceden, fundamentalmente, de fondos europeos a través do Ministerio de Economía, que aporta 2,5 millóns, e da propia universidade. A UDC colaborará coas tres firmas que resultaron adxudicatarias dos tres proxectos de investigación: Iberdrola, Ixion Industry & Aerospace e a UTE (Unión Temporal de Empresas) formada por Sistemas Audiovisuales Itelsis, SCIO SOFTNeodyn. Entre todos avanzarán na investigación sobre tecnoloxía mariña, produción naval e offshore como mercados potenciais de futuro.

Publicidade

Os tres proxectos de A-Tempo orbitan en torno a unha plataforma de innovación offshore e responden a dous anos de busca da UDC sobre posibles mercados potenciais de negocio na enxeñaría do mar. Embarcará a preto de 150 persoas de distintos equipos e o obxectivo é ter os tres proxectos listos o 30 de setembro do próximo ano. Os investigadores da UDC comprometidos neste proxecto son do Grupo Integrado de Enxeñaría e do Laboratorio de Aplicacións Industriais do Láser e do Grupo de Polímeros do Centro de Investigacións Tecnolóxicas.

O programa conta cun orzamento de 3,2 millóns € que proceden de fondos europeos a través do Ministerio de Economía e da propia universidade

O primeiro é o deseño dun buque capaz de cargar cos muíños eólicos e instalalos a 40 metros de profundidade, ofrecendo unha solución integral a unha montaxe que é moi complexa e que require de vaias embarcacións. Neste participa Iberdrola, coa colaboración de Navantia e Seaplace, e ten un orzamento de 600.000 euros.

O segundo proxecto consiste nunha plataforma robótica subacuática de inspección para o mantemento das estruturas offshore, é dicir, instalacións que se atopan somerxidas no mar ou na súa superficie, como plataformas petrolíferas ou de extracción de gas, ou oleoductos submarinos. A inspección e o mantemento destas estruturas fanna mergulladores profesionais, non hai robots que realicen esa función completamente, polo que se plantexa o desenvolvemento dunha plataforma robótica que alcance calquera punto da estruturas offshore. O proxecto será acometido con Ixion Industry&Aerospace, cun orzamento de 500.000 euros e co respaldo de AlbatrosT e o Centro do Mar de Vigo.

O terceiro proxecto desenvolverá o deseño dun sistema inmersivo para a asistencia remota ao mantemento de buques dende calquera lugar do mundo, co fin de detectar, afianzar a seguridade na navegación e prolongar a súa vida útil. Acométese a través da UTE -SistemasAudiovisuais Itelsis, SCIO SOFT e Neodyn(Narón), cun orzamento de 410.000 euros.

O principal obxectivo do convenio A-Tempo é impulsar a competitividade do sector naval a través do fomento da innovación empresarial e, en especial, no ámbito das instalacións offshore e as novas xeracións de buques e outros elementos auxiliares con alto contido tecnolóxico que estas requiren, tanto na súa fabricación e posta en marcha como na súa operación e mantemento.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O rendemento enerxético do chopo

Un proxecto de investigación da USC e Forestais de Pontevedra estuda o potencial desta especie como biocombustible

Investigadores da USC inician o estudo do impacto da enerxía eólica mariña en España

A Fundación Iberdrola concede un proxecto a investigadores de economía aplicada...

El IDIS de Santiago logra 3,1 millones para investigación biomédica

El IDIS consigue 3,1 millones del Estado para investigación en salud

GCiencia entra no principal plan estatal de cultura científica

A web da ciencia galega, El País, Efe e TVG, únicos medios seleccionados polo Ministerio de Economía y Competitividad