Venres 19 Abril 2024

Santiago premia dous proxectos de farmacoxenética e de biotecnoloxía

Gen-DR (Genetics and Drug Response) e MEETLAB son os dous equipos que se proclamaron gañadores da terceira edición do programa Argos, iniciativa da USC para conformar equipos universitarios de emprendedores. No acto de entrega celebrado este xoves na Reitoria da USC baixo a presidencia do reitor Juan Viaño, cada equipo recibiu 3.000 euros, ademais de 6 meses de acceso gratuíto a espazos de incubación e asistencia gratuíta no proceso de constitución da empresa.

Gen-DR aspira a converterse nunha spin-off de servizos de farmacoxenética, aqueles que buscan predicir a resposta que os individuos terán ante determinados fármacos. Integrado por Adrián Caamaño Pensado, Ana Latorre Pellicer, Juan Manuel Vázquez Lago e Olalla Mariñas Amigo, o equipo promotor e asesor incorpora profesionais especializados no ámbito da farmacoxenética e expertos no campo da xestión, dirección e desenvolvemento de negocio. Ademais, os traballos realizados dende o inicio da súa participación en Argos permitiu xa xerar unha carteira de clientes específica.

Publicidade

Presentación en Compostela dos premiados Argos.
Presentación en Compostela dos premiados Argos.

Meetlab é a proposta de María Núñez Barrachina, Ramón Maceiras Castillo e Raquel Lama López. O propósito deste equipo será o establecemento dunha tenda en liña de servizos en biotecnoloxía na que os científicos atopen un catálogo de provedores organizados por rama científica, prezo, localización xeográfica, opinións de usuarios anteriores e máis información que simplifique as decisións de contratación de servizos biotecnolóxicos.

Os premios outorgados pertencen á categoría Argos Enxeño (Meetlab), para as propostas baseadas nunha idea achegada polos propios emprendedores, e Argos Spin (Gen-DR) para os proxectos baseados en resultados de investigación da USC. Ademais tamén recibiron unha mención de honra aqueles equipos que completaron o período formativo de Argos. Na modalidade Enxeño foi Diario do Mar, promovido por Alan Alberto Olloqui Salas, Beatriz López Castro, David Leiro Magdalena e Rebeca Sánchez Andrade. En Argos Spin chegaron a fase final ADEGA (All your Documents Enriched with Grapg Annotations) de Antonio Guillermo de Bois Souto e Vanesa Taboada Vázquez e Lacteal (Suplementos Alimenticios algas), promovido por Jesús Blanco Pereira, José Ramón Seijo Sánchez e Santiago García Vázquez.

MeetLab e Gen DR son os proxectos gañadores, que recibirán 3.000 euros cada un

No acto de entrega tamén participaron a concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois González; o director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE), Javier Aguilera Navarro; o director da Área de Servizos da Axencia Galega de Innovación (GAIN), José Manuel Abella Anido; e o adxunto ao reitor para Transferencia, Innovación e Emprendemento, José Manuel Cotos Yáñez.

Con esta entrega de premios, Argos  pecha a súa terceira edición iniciada en outubro de 2015 coa conformación dos equipos participantes. Este é un programa dirixido a alumnado de posgrao, máster e doutoramento, titulados/as das últimas promocións, persoal ou colaboradores integrados en grupos de investigación e alumnado dos últimos anos de graos. Inclúe tres fases diferenciadas que comezaron en outubro de 2015 coa participación en varias sesións informativas e de adestramento para o traballo en equipo. Nun segundo momento procedeuse á constitución dos equipos multidisciplinares con catro ou cinco integrantes. Finalmente, os equipos tiñan que desenvolver un plan de empresa titorizados por persoal do programa Argos para a súa presentación cara mediados de marzo ante un xurado.

Esta é unha iniciativa conxunta da área de Valorización, Transferencia e Emprendemento da USC e da incubadora de empresas  UNINOVA, que conta coa colaboración das Facultades de Ciencias Económicas e Empresariais de Santiago e de Administración e Dirección de Empresas de Lugo, os concellos desas dúas cidades, o IGAPE e a GAIN.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Galicia avanza para contar cos seus propios medicamentos CAR-T nos próximos anos

A finais de ano abrirá un centro de produción en Santiago e un proxecto de investigación traballa para aplicalos en tumores sólidos

Así era Castro Valente: a fotografía láser recrea a muralla da gran fortaleza medieval galega

Un estudo da USC usa as novas tecnoloxías para ampliar información sobre o xacemento de 10 hectáreas situado entre Padrón e A Estrada

O meteorito que brillou como cincuenta lúas cheas xa pode visitarse en Santiago

Tratouse dun asteroide de 1,15 metros de tamaño e 2,62 toneladas de masa que chocou contra a atmosfera a 15 Km/s

Unha tese galega demostra a viabilidade de reutilizar restos vinícolas e pesqueiros no país

Antonio Cortés avaliou a sustentabilidade das estratexias de valorización de residuos orgánicos, alén de estudar a ecoeficiencia dos procesos