Xoves 25 Abril 2024

Estudantes de Enxeñería de Vigo deseñan o seu coche de carreiras

Alumnos de Vigo que participarán no proxecto Formula Student.
Alumnos de Vigo que participarán no proxecto Formula Student.

A Universidade de Vigo estará por primeira vez representada na Formula Student, a competición automobilística de ámbito educativo máis importante de Europa. Os artífices desta iniciativa son seis estudantes de diferentes ramas da Escola de Enxeñería Industrial que puxeron en marcha un equipo pioneiro que se deberá encargar non só deseñar e construír o monopraza de competición, senón tamén buscar o financiamento preciso para poder competir nos circuítos de Silverstone e Montmeló en 2015. Así nolo conta M. Del Río no DUVI…

Formula Student é unha competición anual de deseño e construción dun coche de carreiras monoprazas. O obxectivo é simular o funcionamento dunha empresa real, na que os estudantes exercen de enxeñeiros e teñen que valerse por eles mesmos para deseñar o prototipo, que debe cumprir esixentes características de condución na aceleración, freado e estabilidade, mantendo un custe razoable. Os equipos deben demostrar tanto os seus coñecementos de enxeñaría como as súas capacidades de xestión, presentando un plan de márketing e unha planificación económica.

Publicidade

Posta en práctica do aprendido nas aulas

Dada a cantidade e diversidade dos coñecementos que conflúen neste reto, o equipo oficial da Universidade de Vigo, que participa por primeira vez nesta competición, está composto por seis estudantes: catro deles do Grao en Enxeñaría Mecánica (Rogelio Dios, Mikel Estraviz, Marcos Fernández e Alejandro Iglesias), que traballan xunto a outro estudante de Enxeñaría Industrial Electrónica e Automática (Josué Nanín), coordinados todos por un alumno de Enxeñaría en Organización Industrial (David González) que leva a parte organizativa.

O coche de carreiras será un monoplaza e deberá atopar financiación para competir

González explica que “aínda que o proxecto está ben repartido non formamos departamentos herméticos, senón que traballamos de forma integral, o que nos permite render ao máximo e desenvolver todo o noso potencial”. Para isto tratan de aproveitar os coñecementos propios de cada rama e, dado que se trata dun proxecto con vocacións de continuidade, agarda que este coñecemento se poida nutrir no futuro con estudantes doutras escolas e facultades da Universidade de Vigo. Os integrantes do equipo vigués destacan que este tipo de eventos axudan a ver a utilidade dos coñecementos adquiridos na aula e obrígaos a traballar en equipo e a achegarse a outras áreas de coñecemento e a valerse polos seus propios medios. Detrás desta competición está Ross Brawn, responsable do equipo Mercedes AMG de Formula 1 e patrón da Formula Student, que aposta a través dela pola innovación e a transferencia do coñecemento.

Comezando a etapa de deseño

A idea de crear este equipo convertelo no representante da Universidade de Vigo en Formula Student naceu hai dous ano pero comezou a tomar forma a principios deste curso. Os prazos están perfectamente marcadas e o coche debe estar listo para a competición en 2015 con dúas citas marcadas no almanaque: Silverstone e Montmeló. Ata o de agora, a falta de experiencia nesta competición non está a ser problema e súplena traballando en colaboración cos equipos doutras universidades españolas e europeas. “Compartimos unha paixón e aínda que sexamos competencia sempre se crean boas relacións entre universidades”. O primeiro que toca é familiarizarse coa competición e coñecer cada unha das probas nas que consiste Formula Student.

“Aínda quedan moitos adhesivos que pegar” para que sexa viable

Agora o equipo atópase inmerso na etapa de deseño, “unha das máis complexas, porque no momento en que damos resposta á pregunta de que necesitamos’ é cando comeza todo, incluídos os problemas”. David González recoñece que deseñar un prototipo “é un proceso tremendamente colectivo” no que sen cooperación de todos non se pode avanzar. O coche no que están a traballar é un monopraza tipo fórmula, deseñado acorde ás normas da competición. O vehículo debe superar con éxito probas dinámicas de axilidade, freado, aceleración e estabilidade, ademais de cumprir coas estritas condicións de seguridade e ter a calidade de deseño máis alta posible. “O noso obxectivo é conseguir a maior puntuación en cada parte sen descoidar o custe e os consumos de combustible”, explica.

Na procura de financiamento

Pero para levar a cabo este reto non se lles escapa que fai falla financiamento. Esta é unhas partes da competición, buscar patrocinadores e institucións dispostas a colaborar no equipo. E niso están estes estudantes vigueses, na procura de socios dispostos a achegar parte da inversión necesaria. De feito, a xestión empresarial e as negociacións con empresas son parte da competición. Isto permite que os estudantes se acheguen a empresas punteiras do sector da enxeñaría e do automobilismo, sobre todo aquelas comprometidas “coa innovación e o desenvolvemento” subliña o team leader. De feito, empresas como Seat, AVL, Gas Natural Fenosa, Gestamp, Altran ou Sener xa se teñen comprometido con equipos de Formula Student. “Nós empezamos xa a ter contactos que queren investir no noso equipo, pero aínda quedan moitas adhesivos por pegar no coche”.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O monopraza UVigo Motorsport correrá en tres circuitos europeos

Competirán en Montmeló, Assen e Hockeinheim e o equipo de estudantes segue avanzando para crear un coche autónomo para 2022

Alumnos da UVigo compiten co seu coche autónomo no campionato SEAT

Alumnos da UVigo compiten co seu coche autónomo no campeonato SEAT

Este é o UM18, o novo monopraza fabricado na UVigo

A escudería composta por alumnos da universidade prepara o vehículo cara o seu estreno, que terá lugar a comezos de xullo en Assen (Holanda)

O monopraza UM18 da UVigo, a punto para a nova temporada

Un equipo de 27 estudantes de varios graos traballa no deseño e a construción do vehículo que participará na Formula Student