Galicia lidera a involución na igualdade de xénero

Só Cantabria ten uns datos peores que Galicia no índice de equidade de xénero, segundo o estudo mencionado.

Galicia foi a única rexión do Estado, xunto a Cantabria, na que a desigualdade de xénero medrou  entre os anos 2006 e 2014, segundo un estudo da Universidade de Alicante. O traballo, publicado na Gaceta Sanitaria, revela que o índice de equidade de xénero modificado (IEGM), que mide a desigualdade entre homes e mulleres, debuxa para Galicia unha tendencia marcadamente negativa neste eido. Desde 2006, o IEGM, que oscila entre o -1 (desfavorable ás mulleres) e o 1 (desfavorable aos homes), descendeu na comunidade nun 0,0064. Este retroceso sitúa a Galicia como a segunda comunidade con peor IEGM, só por detrás, precisamente, de Cantabria.

‘Houbo máis recortes en políticas de xénero con gobernos conservadores’, destaca o estudo

O estudo debuxa un estancamento da igualdade debido,en parte, aos recortes aplicados a raíz da crise económica. No 2006, un ano antes da entrada en vigor da Lei de Igualdade de Xénero, España vivía “un momento de equidade de xénero emerxente dentro do contexto mundial,  ocupando unha das mellores posicións do índice de equidade de xénero (IEG)”, segundo apuntan os investigadores. Pero o comezo da crise, en 2008, freou en seco este progreso. No traballo explícase que “ao abeiro da crise realizáronse recortes orzamentarios para as políticas de xénero, retrocesos nos marcos normativos e reformas, como a eliminación dos organismos de igualdade estatal e das CC.AA”. Ditas medidas, segundo se destaca no estudo, tomáronse “con maior frecuencia nas comunidades gobernadas por partidos políticos conservadores”.

O gráfico revela a tendencia negativa en Galicia (clic para ampliar).
O gráfico revela a tendencia negativa en Galicia.

Na investigación,analízase o IEGM dende tres perspectivas: a educación (taxa de alfabetización e matriculación en estudos primarios, secundarios e postobligatorios), a actividade económica (ingresos medios e taxa de actividade), e a presenza en cargos directivos públicos e privados. No eido educativo, a fenda é lixeiramente desfavorable aos homes, aínda que se percibe un descenso da matriculación universitaria de mulleres.

Unha das evidencias do efecto da crise na desigualdade apréciase na fenda salarial. Mentres que entre 2006 e 2011 todas as comunidades reduciron dita fenda, a tendencia revertiuse entre 2011 e 2014 en Extremadura, Navarra, Murcia, Castilla-La Mancha, La Rioja e País Vasco.

Respecto á presenza en cargos directivos, tanto empresariais coma políticos, o estudo advirte dunha “diminución das vías de participación política das mulleres” nos últimos anos. A nivel privado, a fenda segue sendo ampla, aínda que a tendencia é positiva para as mulleres.

Enlace ao artigo: Tiempos de equidad de género: descripción de las desigualdades entre comunidades autónomas, España 2006-2014

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.