Sábado 20 Abril 2024

Galicia incrementa un 31% o seu investimento en biotecnoloxía

A biotecnoloxía segue forte en Galicia. En 2013, a comunidade incrementou nun 31% o seu investimento interno en I+D biotecnolóxico, segundo os datos da estatística sobre uso de biotecnoloxía feitos públicos polo INE. Fronte a unha baixada estatal do 1,8%, Galicia aumentou en preto de 15 millóns de euros este gasto, ata situarse como a sexta que máis destina a este eido.
Por sectores, as empresas galegas destinaron un 17,6% máis que no 2012 á I+D en biotecnoloxía, mentres que administracións públicas, ensino superior e institucións privadas sen fins de lucro o fixeron nun 39%. Ademais, cómpre sinalar que o persoal empregado en I+D interna en biotecnoloxía se incrementou nun 26%, ata chegar a preto de 1.270 persoas. O número de investigadores aumentou un 39%, ata sumar preto de 830.

Ata 2020 van mobilizarse 1.600 millóns en Galicia para proxectos innovadores

A biotecnoloxía xa supón o 1% do PIB da Galicia. A Consellería de Economía e Industria destacou onte estes datos, “e a potencialidade do sector coa nova Estratexia de Especialización Intelixente – RIS3, que mobilizará 1.600 millóns de euros en Galicia ata o 2020 en proxectos innovadores”.
A través dos fondos da RIS3, a Xunta pretende potenciar a biotecnoloxía como ferramenta de apoio ao desenvolvemento de produtos e servizos que produzan alimentos de alto valor engadido. Ademais, aplicarase a biotecnoloxía á cadea monte-industria, desenvolvendo produtos biotecnolóxicos para a medicina e a cosmética; e crearanse novos materiais de orixe mariño aproveitando os residuos pesqueiros.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Os fundadores de BioNTech din que a vacina contra o cancro está “a só uns anos de distancia”

A esperanza é que un fármaco actualmente en desenvolvemento adestre ao corpo para recoñecer e atacar os cancros utilizando tecnoloxía de ARNm

‘Minaría’ no corpo para atopar antibióticos: o revolucionario traballo de César de la Fuente

O equipo do científico coruñés na Universidade de Pennsylvania lidera unha investigación que descobre máis de 2.600 de antibióticos codificados no corpo humano

NutriGen 4.0, unha aposta cara a alimentación saudable baseada na innovación

A empresa Hifas da Terra e a patronal do sector conserveiro...

Celtarys, bioquímica ao servizo de novos fármacos

O proxecto da spin-off da Universidade de Santiago (USC) Celtarys nace...