Galicia aposta polos coches intelixentes

Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia
Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia (CTAG).
División de vehículos intelixentes do CTAG
Centro de Excelencia en Electrónica para Vehículos Intelixentes do CTAG.

O futuro xa está aquí. O CTAG puxo en marcha o Centro de Excelencia en Electrónica para Vehículos Intelixentes. Con estes novos equipamentos, Galicia aposta por situarse na vangarda europea da Intelixencia Artifical aplicada ao sector da automoción.

O novo centro permitirá ao CTAG aumentar as liñas de investigación en electrónica e sistemas intelixentes de transporte, e desenvolver novos proxectos, non só para o sector da automoción, senón tamén para outras industrias. No centro, ubicado en O Porriño, se desenvolverán prototipos, simuladores ou sistemas avanzados de seguridade e axuda á condución. As novas instalacións, nas que traballan 130 tecnólogos, contan con talleres, laboratorios, bancos de ensaios e equipos para a produción de novas tecnoloxías. Alí se desenvolverán actividades de I+D+i e de validación de sistemas e vehículos intelixentes.

O centro  conta cunha área de probas capaz de reproducir de maneira flexible diferentes contornos de condución que permiten testar os automóbiles que integran sistemas intelixentes. Tamén foron habilitados espazos para o desenvolvemento de novas empresas de I+D+i de base tecnolóxica.

Exportar I+D+i

A  nova división de vehículos intelixentes estréase tras dous anos de construción e 10 millóns de euros de investimento por parte da Xunta. O obxectivo agora é converter este centro “nun referente europeo”, expresou o presidente de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, durante a súa visita a estas instalacións, na que estivo acompañado polo conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, e a delegada do Estado no Consorcio Zona Franca de Vigo, Teresa Pedrosa.

Feijóo destacou que o Centro de Excelencia en Electrónica para Vehículos Intelixentes traballará para xerar “I+D+i exportable en forma de patentes ou acordos de comercialización que se traduzan en retornos económicos para Galicia”.

A automoción galega dá resposta así a un dos retos máis destacados da Estratexia da UE para 2020: o desenvolvemento dun transporte integrado e intelixente, con vehículos máis seguros e máis sustentables. Neste marco, a Estratexia de Especialización Intelixente de Galicia, a RIS 3, constitúe a folla de ruta da innovación galega ata o marcado ano 2020.

Pruebas de seguridad en el CTAG en Vigo.
Probas de seguridade no CTAG.

Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia (CTAG) inaugurouse en 2002 para a investigación, desenvolvemento e innovación, para ofrecer solucións tecnolóxicas avanzadas ao sector do automóbil e contribuír á mellora da competitividade das empresas de automoción.

Ubicado no Polígono Industrial de A Granxa (O Porriño), o centro conta cos equipamentos más avanzados en materia de investigación e ten participado en proxectos internacionais como o ARTRAC (Advanced Radar Tracking and Classification for Enhanced Road Safety) —impulsado por Volkswagen e FIAT—, un sistema automático para evitar atropelos de peóns e ciclistas; o proxecto OpEneR para aumentar a autonomía de vehículos eléctricos e híbridos , en colaboración con PSA Peugeot Citroën e Bosch; o primeiro proxecto en España de automóbil conectado ao fogar, con  Telefónica e Ericsson, ou o desenvolvemento con empresas portuguesas de coches de propulsión eléctrica.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.