Xoves 18 Abril 2024

Os 16 proxectos finalistas de ViaGalicia 2018 comezan a fase de aceleramento

ViaGalicia, a aceleradora impulsada polo Consorcio da Zona Franca de Vigo e a Xunta de Galicia, comeza mañá a fase de aceleración dos 16 proxectos seleccionados na súa quinta edición. Durante un período de seis meses, e no espazo de coworking do Centro de Negocios Porto do Molle, un equipo de titores e mentores especializados en diferentes áreas empresariais (produto, finanzas, internacionalización, márketing…), traballarán intensamente cos emprendedores co obxectivo de avanzar na posta en marcha dun modelo de negocio definido, preparándose así para a súa presentación a posibles roldas de financiamento.

A comezos do mes de abril, o Comité Técnico de ViaGalicia seleccionou estas 16 propostas, dos máis de 200 presentados a esta última edición, tras analizar entre outros elementos a súa capacidade de retorno do investimento ou a súa relevancia estratéxica dentro do tecido empresarial galego. As novas empresas que agora comezan esta nova fase pertencen ao sector TIC, a agroalimentación, a música, a artesanía ou a automoción, e ademais do proceso de aceleración en si mesmo, poderán dispoñer de ata un máximo de 125.000 euros en axudas directas e de capital risco.

Publicidade

ViaGalicia é unha aceleradora impulsada polo Consorcio da Zona Franca de Vigo e a Xunta de Galicia, cuxo obxectivo é apostar por proxectos innovadores, acelerables e invertibles a través da súa participación nun amplo programa de formación, mentoring, coworking e financiamento. Desde a súa posta en marcha en 2013 e ata a súa quinta edición, recibiu máis de 1.000 propostas de negocio e investido 6,5 millóns de euros no impulso de máis de 160 proxectos, dos que máis de 68 convertéronse en empresas que crearon máis de 360 novos empregos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Start-ups con ADN galego triunfan grazas á súa aposta pola ciencia e innovación

Indestia, Innogando, Neutron Insights, Diversa e Psico VR convértense en pouco tempo en referentes do emprendemento na comunidade 

Convocado o IX Premio de Xornalismo Científico Celia Brañas

Os traballos poden enviarse a partir do 15 de abril. A dotación económica do galardón será de 5.000 euros, cun accésit para o segundo mellor valorado

Unha nova iniciativa de Clúster TIC impulsa o emprendemento tecnolóxico galego

As propostas seleccionadas contarán co respaldo de socios da entidade para optimizar os seus modelos de negocio

Aberto o prazo de inscrición para os Premios á Transferencia de Tecnoloxía 2023

As candidaturas poderán presentarse ata o 15 de abril de forma telemática