Venres 29 Marzo 2024

Empreamar selecciona seis proxectos para emprender pensando no mar

A iniciativa Empreamar, que aposta polo aproveitamento sostible dos recursos mariños, acaba de anunciar os seis proxectos seleccionadas para que desenvolvan a súa idea de negocio, nesta edición na área de Moaña. Tras as primeiras fases de formación e de identificación de ideas de negocio sostibles, este martes o tribunal do programa elixiu os seis proxectos de negocio que pasarán á derradeira fase, a de preincubación.

A iniciativa céntrase nesta ocasión no municipio de Moaña

Empreamar, impulsada polo Campus do Mar, o Concello de Moaña e o Grupo de Acción Local do sector pesqueiro Ría de Vigo-A Guarda, diríxese a emprendedores locais, maioritariamente desempregados, do sector da pesca e do mar, proporcionando asesoramento, titorización e apoio financeiro e de infraestruturas para estimular a creación de novas empresas sostibles no sector da pesca. O tribunal, composto por Elena Herbello, xerente do GALP7; Coral Ríos, concelleira de Promoción Económica e Turismo do Concello de Moaña; Cristina Quelle, coordinadora da Área de Transferencia do Campus do Mar; Carlos Ferro, profesor da Universidade de Vigo especialista en emprendemento e desenvolvemento empresarial e Jacobo García Durán, director de ViaVigo e especialista en emprendemento, valorou os dez proxectos presentados, seguindo criterios como a viabilidade técnica e económica, o carácter innovador, a sustentabilidade ou o impacto potencial no territorio, entre outros.

Publicidade

As e os membros do tribunal destacaron a calidade das ideas presentadas e valoraron moi positivamente o esforzo, creatividade e motivación das persoas participantes no programa. A partir de agora e ata febreiro de 2018, os proxectos gozarán dun espazo de traballo, de titorización para a redacción dos seus plans de negocio e, a través do Campus de Excelencia Internacional Campus do Mar, de asesoramento científico- técnico nas liñas relacionadas cos seus proxectos de negocio, da man de persoal especialista do ecosistema da I+D+i mariña de Galicia.

A edición de Empreamar en Moaña toma a remuda dunha primeira celebración, que arrancou en 2014 no territorio do GAC 4, nas vilas de Carnota e Porto do Son. Nela participaron 30 persoas da contorna, na súa maioría desempregadas, co obxectivo de converter as súas ideas emprendedoras nunha realidade. O programa deu os seus froitos, con oito empresas que desenvolven a súa actividade en diferentes eidos relacionados co mar.

As seis propostas: 

– A Galera Mariñeira: iniciativa de turismo mariñeiro e hostaleira.

Mar reutilizable: proposta que buscará o aproveitamento e segunda vida para materiais de refugallo da actividade pesqueira.

Smart Motor: proxecto que explorará a utilización de novas tecnoloxías para a mellora e optimización do funcionamento de motores náuticos.

Hostel Real: posta en marcha dun hostel turístico en Moaña.

Consultoría SIX: iniciativa especializada no asesoramento na planificación territorial coa axuda de ferramentas informáticas

Polyana Cosmética: proxecto de elaboración de produtos cosméticos artesanais con ingredientes mariños.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O CIM impulsa a súa presenza na investigación mariña europea

O centro vigués busca converterse nun referente establecendo colaboracións con persoal investigador e institucións internacionais

A UVigo reivindica no Día Mundial da Auga a importancia do seu acceso universal

A universidade impulsa a concienciación través dunha serie de pódcast con nenos e nenas e dun concurso escolar de microrrelatos

Por que a clonación é tan rara na natureza

A partenoxénese é un tipo de reprodución asexual que empregan as femias dalgunhas especies para realizar copias de si mesmas

Aumenta a matriculación feminina en Enxeñaría Informática na UDC e na UVigo

Na universidade coruñesa as rapazas xa representan un 18% das incorporacións, mentres que na viguesa acadan o 19%