Biospain converte Santiago no gran escaparate biotecnolóxico

Biospain 2014 celébrase en Santiago ata o 26 de setembro.
Biospain 2014 celébrase en Santiago ata o 26 de setembro.

Biospain 2014 está en marcha. A maior feira de biotecnoloxía de España e a cuarta do mundo reúne en Santiago, ata o 26 de setembro, 800 entidades privadas e públicas procedentes de 36 países, que celebrarán máis de 3.000 reunións de negocio.

Organizada pola Asociación Española de Bioempresas (ASEBIO), trátase dunha feira bianual que nesta edición bate novo récord de asistencia, cun 40% de participación de entidades internacionais, fronte ao 28% que se alcanzou na edición anterior. Con máis de 2.000 asistentes Biospain é o cuarto evento máis importante do mundo no ránking biotecnolóxico.

Dez sociedades científicas española participan nesta edición de Biospain

Entre as novidades desta edición destaca o espazo dedicado ao mercado Iberoamericano “Biolatam Showcase” coa presenza de países como México, Colombia, Costa Rica, Brasil, Chile e Uruguai; a celebración do Xacobio, no que 25 persoas de 17 nacionalidades compartiron a experiencia de percorrer o Camiño de Santiago dende Pontevedra; ou a celebración do Foro de Stake-holders no que o público non profesional como pacientes, consumidores, agricultores, etc. conta as súas experiencias.

A feira quixo nesta edición ser un punto de encontro para a comunidade sanitaria innovadora. É dicir, non só diríxese á industria biotecnolóxica da saúde, farmacéutica ou de produtos sanitarios, senón tamén a centros de investigación biomédica e, sobre todo, a hospitais que apostan pola transferencia tecnolóxica e pola investigación. Este é un concepto que ASEBIO engloba baixo o epígrafe de Hospital Emprendedor.

Bioeconomía vs Economía Fósil

Ademais, destaca como novidade a diversificación a outros mercados usuarios de biotecnología. Este é o caso da industria química, alimentaria ou cosmética, así como a outros novos nichos de negocio como a biotecnoloxía mariña, a forestal ou a chamada bioeconomía, que Europa está a formular como unha alternativa sostible á economía fósil e que permitirá obter produtos e materiais diversos (combustibles, plásticos, lubricantes…) empregando como materia prima residuos vexetais ou cultivos industriais.

BioSpain estrutúrase nunha feira comercial, un evento de partnering, un foro de inversores, e conferencias de temática diversa (sesións paralelas) con relatores nacionais e internacionais, sesións científicas da man de 10 sociedades científicas e un Foro de Emprego.

Así mesmo, participan en Biospain 2014 en Santiago sociedades científicas españolas como a Sociedade Española de Inmunoloxía (SEI); a Asociación Española de Xenética Humana (AEGH); a Sociedade Española de Bioquímica e Bioloxía Molecular (SEBBM); a Sociedade Española de Bioloxía Celular (SEBC); Sociedade Española de Ciencias Forestais (SECF); a Sociedade Española de Fisioloxía Vexetal (SEFV); a Sociedade Española de Enfermidades Infecciosas (SEIMC); a Sociedade Española de Viroloxía (SEV); a Sociedade Española de Biotecnoloxía (SEBIOT) e a Sociedade Española de Patoloxía Dixestiva.

Xunto ás conferencias científicas, espéranse 4.000 reunións de negocio

Con estes contidos, ao longo das tres xornadas abordaranse conferencias e encuentros sobre o futuro da inmunoterapia; o impacto socioeconómico e sanitario da secuenciación do xenoma humano; posibilidades clínicas da metabolómica, novas tecnoloxías de bioimaxe; aplicacións da biotecnoloxía na ciencia e a industria forestal; avances en biotecnoloxía vexetal con impacto no sector agroalimentario; novedades no diagnóstico e terapia de enfermidades infecciosas; uso de virus como ferramentas da biotecnoloxía; deseño de microorganismos – bioloxía sintética– con aplicacións industriais; e biotecnoloxía aplicada á área das enfermidades dixestivas.

Galicia aproveita Biospain como escaparate do seu sector tecnolóxico e científico. Ademáis do sector saúde, vinculado á biotecnoloxía vermella, en Galicia teñen un peso destacado, especialmente no ámbito empresarial e produtivo, o sector da agroalimentación (nutrición, forestal, bio-masa…) e o sector mariño (pesca, acuicultura…), tamén ligados á biotecnología verde ou agroalimentaria. Ademais, tamén conta con multinacionais da área química que utilizan a biotecnoloxía industrial ou branca nos seus desenvolvementos.

Por outro lado, Galicia presume en Biospain dos seus tres institutos de investigación sanitaria, varios centros de coñecemento no ámbito da biotecnoloxía e dous Campus de Excelencia Internacional, Campus Vida, liderado pola Universidade de Santiago de Compostela e Campus do Mar, liderado pola Universidade de Vigo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.