A cuarta edición de Vía Galicia ábrese ao sector aeroespacial

O conselleiro Francisco Conde e a delegada do Estado en Zona Franca, Teresa Pedrosa.
O conselleiro Francisco Conde e a delegada do Estado en Zona Franca, Teresa Pedrosa.

A cuarta edición da aceleradora Vía Galicia vai mobilizar ata 2.375.000 euros de financiación entre préstamos participativos e aportacións a fondo perdido. O programa porá o foco en 2016 sobre a Industria 4.0 e sectores estratéxicos como o aeronáutico. O conselleiro de Industria, Francisco Conde, informou xunto á delegada do Estado no Consorcio da Zona Franca, Teresa Pedrosa, da nova convocatoria deste programa de apoio ao emprendemento, no que ambas administracións colaboran desde fai dous anos “sumando esforzos e aportando sinerxías”. Conde apuntou que a nova convocatoria medra en proxectos respecto á de 2015, xa que serán 19 as iniciativas impulsadas en vez de 15.

VIA GALICIA ZONA FRANCA 3

“Buscamos que o noso ecosistema emprendedor dé resposta aos retos industriais de Galicia”, dixo Conde. Neste senso, o aliñamento desta convocatoria coa política industrial da Xunta se concretará nun especial protagonismo do sector aeronáutico e aeroespacial entre os proxectos que se apoien, en liña co polo tecnolóxico e industrial de Rozas e o Centro Tecnolóxico Aeroespacial de Porto do Molle. Ademais, sinalou que a aceleradora apoiará iniciativas vinculadas á Industria 4.0, priorizando os proxectos de impacto industrial no noso esforzo de Galicia por consolidar sectores estratéxicos como o naval, onde o esforzo conxunto de estaleiros e administración ten permitido á comunidade sumar máis de 2.200 millóns de euros en contratos, aos que se sumarán os 500 millóns dos BAC encargados a Navantia por Australia; ou a automoción, onde tras o éxito de Balaídos captando o novo modelo de PSA, se mobilizarán 3.600 millóns nos vindeiros anos.

Conde adiantou que na nova edición de Vía Galicia a Xunta redobrará o seu compromiso financeiro aportando 1,7 millóns, que inclúen préstamos participativos de XesGalicia de 50.000 euros por cada proxecto; apoios da Axencia Galega de Innovación-GAIN de 25.000 euros por proxecto, ou o respaldo, tamén de GAIN, poñendo a disposición da iniciativa ao CIS Galicia e as infraestruturas Industria 4.0.

Un total de 19 proxectos van converterse en empresas na aceleradora Vía Galicia

Pola súa banda, Teresa Pedrosa animou á máxima participación nesta convocatoria que ten de prazo de inscrición ata o 15 de xullo a través da páxina web viagalicia.gal para que non quede ningunha idea no tinteiro xa que esta é unha gran oportunidade “propicia ao emprendemento, no que todos os axentes sociais relacionados coordinámonos para que o clima sempre sexa favorable ao desenvolvemento de novos proxectos que contribúan á dinamización do tecido empresarial”.

“Vía Galicia é un programa que responde con resultados claros, se ten xa convertido nunha referencia internacional que xa está a facer Marca Galicia en Europa, e será unha plataforma para impulsar o noso futuro industrial a través do aeronáutico e a fábrica intelixente”, defendeu o conselleiro Conde. Desde 2014, Zona Franca e a Xunta apoiaron a formación de centos de emprendedores que formaban parte de 60 proxectos, e acelerado 25 iniciativas, ofrecéndolles apoio económico, titorización, asesoramento e mentoring, sumando 3 millóns mobilizados entre o Goberno galego e Zona Franca, o que supuxo a xeración de máis de 90 postos de traballo.

Conde salientou que no mes de abril se crearon en Galicia 457 empresas un 26,6% máis que no mesmo mes do ano pasado, coas dúas provincias que son sede de Vía Galicia medrando por riba da media: Pontevedra, con case un 32% máis; e Lugo, cun 61% máis.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.