A aceleradora ViaVigo amplía proxectos e abre sede en Lugo

Unha charla de traballo na aceleradora ViaVigo.
Unha charla de traballo na aceleradora ViaVigo.

Para impulsar as mellores ideas e proxectos e axudar a convertelos en negocios de éxito, a Xunta de Galicia e mailo Consorcio da Zona Franca convocan a terceira edición da aceleradora de empresas ViaVigo que iste ano abre unha nova sede nas instalacións da Confederación de Empresarios de Lugo coa idea de acoller os novos proxectos xurdidos no norte da Comunidade e, co tempo, chegar a replicar o modelo polas catro provincias e para todos os sectores de actividade baixo o nome de ViaGalicia.

O logotipo de ViaGalicia.
O logotipo de ViaGalicia.

Pola cantidade de recursos que mobiliza esta é unha das aceleradora de empresas e de emprendedores máis potentes de España. A convocatoria aberta até o vindeiro 15 de xullo, procura persoas creativas, innovadoras, comprometidas, con afán de superación e de calquera idade ou sector. Nesta terceira convocatoria, se un proxecto é seleccionado, accederá a un programa no que a fase de Academia terá lugar nas sedes de Lugo e Vigo segundo a escolla dos promotores, e a fase final, a fase da Aceleradora, realizarase exclusivamente no Centro de Negocios de Porto do Molle, onde se facilitarán os medios para traballar o proxecto empresarial até convertelo nun negocio rendible e sustentable.

A convocatoria de ViaVigo está aberta ata o vindeiro 15 de xullo

Grazas a suma de esforzos da Xunta e Zona Franca a financiación que se aportará aos quince proxectos finalistas alcanzará nesta convocatoria a cifra de 1.875.000 euros entre capital semente e achegas a fondo perdido, máis outros 375.000 euros en gastos de formación e consultoría. Iste é un programa de apoio e asistencia a emprendedores promovido polo Consorcio e a Consellería de Economía e Industria, a través da Axencia Galega de Innovación (GAIN) e da sociedade xestora de dos fondos de capital-risco da Xunta (XesGalicia) e tamén pola sociedade de capital-risco do Consorcio, Vigo Activo. Con esta suma de esforzos, os proxectos seleccionados terán ao seu dispor as infraestruturas precisas para activar a empresa; contarán con profesionais e expertos que lles asesorarán ao longo de todo o proceso, e mesmo finalmente lles prepararán para presentar canda un dos proxectos a investidores privados que poidan aportarlles financiamento e outros recursos.

A delegada de Zona Franca, Teresa Pedrosa, nunha presentación de ViaVigo.
A delegada de Zona Franca, Teresa Pedrosa, nunha presentación de ViaVigo.

Para inscribirse se teñen habilitado as plataformas viavigo.es e viagalicia.gal onde se facilita toda a información dos diferentes pasos de selección. Alí os participantes poderán ver como unha vez inscrito o proxecto iste será valorado polo Comité Técnico do Programa que preseleccionará ata 40 ideas de negocios por cada sede entre os que mellor respondan aos criterios de innovación, acelerabilidade e investibilidade. No seguinte paso, cada grupo dos cuarenta seleccionados pasarán a participar no “Startup Day” a celebrar en Lugo e Vigo nunha xornada na que se seleccionarán os seguintes 20 mellores proxectos que poderán continuar nas dúas Academias e dos que, noutra avaliación, sairán os 15 finalistas para a fase de Aceleradora que se celebrará con una única sede en Porto do Molle. Estes 15 finalistas poderán recibir apoios económicos de ata 125.000 euros.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.