Venres 29 Marzo 2024

Unha empresa galega alíase cunha biofarmacéutica suíza para desenvolver terapias contra cancros incurables

SunRock Biopharma, participada pola Xunta, e Debiopharm, asócianse para avanzar en anticorpos conxugados a fármacos

A empresa galega SunRock Biopharma, adicada ao desenvolvemento de anticorpos contra tumores altamente invasivos, acaba de firmar un acordo exclusivo de opción e licencia con Debiopharm, unha biofarmacéutica suíza de capital privado, co obxectivo de desenvolver terapias para curar o cancro e as enfermidades infecciosas de difícil tratamento. Desta maneira, Debiopharm adquire opcións de licenza para continuar o desenvolvemento de anticorpos de SunRock, empresa participada pola Xunta de Galicia a través de Xesgalicia.

Desenvolveranse novedosos anticorpos conxugados a fármacos (Antibody Drug Conjugates, ADCs) dirixidos fronte a antíxenos específicos de tumores para o tratamento de enfermidades oncolóxicas con necesidades clínicas non cubertas. Os ADCs están a perfilarse como unha terapia prometedora na loita contra o cancro debido á súa capacidade para atacar e destruír células cancerosas de forma selectiva e, ao mesmo tempo, minimizar o dano aos tecidos sans.

Publicidade

Esta terapia innovadora combina a precisión dos anticorpos monoclonais cos potentes efectos citotóxicos dos fármacos de molécula pequena, o que resulta nunha poderosa sinerxia. A especificidade dos anticorpos permite aos ADCs recoñecer e unirse a antíxenos específicos de tumores na superficie das células cancerosas, asegurando que a molécula citotóxica tóxica alcance directamente o obxectivo desexado. Este enfoque non só mellora a eficacia terapéutica, senón que tamén reduce a toxicidade sistémica e os efectos secundarios comunmente asociados cos tratamentos tradicionais contra o cancro.

“Nun momento no que poucos tratamentos novos parecen prometedores para vencer eficazmente o cancro, o potencial desta colaboración está a espertar a curiosidade científica ao combinar a bioloxía e a química”

BERTRAND DUCREY, CEO de Debiopharm

“A nosa asociación con SunRock podería resultar na creación de ADCs altamente innovadores con potencial para abordar o cancro dunha maneira nova e, en última instancia, mellorar as vidas destes pacientes “, comentou Bertrand Ducrey, CEO de Debiopharm. “Nun momento no que poucos tratamentos novos parecen prometedores para vencer eficazmente o cancro, o potencial desta colaboración está a espertar a curiosidade científica ao combinar a bioloxía e a química”.

Os avances na tecnoloxía de conxugación melloraron a estabilidade dos ADCs na circulación, reducindo a liberación prematura do fármaco e incrementando a especificidade e eficacia do tratamento. “Estamos moi motivados por descubrir o potencial destes anticorpos dirixidos a dianas oncolóxicas ben validadas como HER2 e HER3”, expresou Frederic Levy, director executivo sénior de Procura, Avaliación e Innovación Científica. “A combinación destas prometedoras moléculas coa nosa tecnoloxía de conxugación podería aumentar a súa eficacia e seguridade para facer fronte a unha ampla variedade de tumores con elevada necesidade clínica”.

Pola súa banda, Laureano Simón, CEO de SunRock Biopharma, “Estamos realmente entusiasmados coa poderosa sinerxia dos anticorpos monoclonais e os anticorpos biespecíficos de SunRock coa plataforma de ADCs de Debiopharm e as súas capacidades de desenvolvemento clínico”.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

“Con suficiente investigación, a maioría dos cancros poderanse tratar na década de 2040”

Jesús Sánchez, responsable de proxectos na Fundación CRIS, asegura que as terapias CAR-T foron unha revolución no tratamento dos tumores do sangue

O disruptores endócrinos poden aumentar o risco de cancro de endometrio

Observada unha asociación entre as mesturas de contaminantes ambientais e a maior probabilidade de desenvolver este tumor

Galicia rexistra 16.000 novos casos de cancro e 8.000 mortes cada ano

A Fundación CRIS reúnese con Sanidade para solicitar unha maior cobertura aos pacientes oncolóxicos que requiren de medicamentos CAR-T

Un equipo con participación galega desenvolve un novo tipo de axente contra o cancro

O composto actúa de maneira potente e selectiva sobre a respiración mitocondrial das células nai do tumor, diminuíndo o seu potencial canceríxeno