Xoves 28 Marzo 2024

“Non é verdade que ventilar sexa efectivo contra o radon”

O gas radon é a segunda causa de cancro de pulmón despois do tabaco. Segundo a OMS, entre o 3% e o 14% dos tumores pulmonares están provocados pola exposición a este gas. A porcentaxe en Galicia é aínda superior, debido á elevada exhalación de radon desde o subsolo. Así, segundo as medicións realizadas ata agora, a concentración media nas vivendas galegas é de 99 Bq/m3, moi preto do nivel de referencia da OMS (100 Bq/m3).

Porén, en Galicia hai casos concretos que son canto menos preocupantes: o 57% das vivendas estudadas en Bueu presenta máis de 300 Bq/m3. Desde hai anos, o Laboratorio de Radon de Galicia, con sede na USC, e os seus investigadores, levan anos traballando para analizar o impacto do gas e concienciar á sociedade do problema. En novembro de 2016 publicaron un mapa feito concello a concello baseado en milleiros de medicións. E agora, Alberto Ruano Raviña, profesor de Medicina Preventiva e Saúde Pública da USC, acaba de publicar un traballo no Journal of Radiological Protection no que destaca o alto nivel de radon en Galicia respecto ao resto de Europa.

Publicidade

“É preciso contar con máis lexislación en España contra o radon polo seu claro efecto canceríxeno”, sinala Ruano nunha entrevista á Axencia Sinc. A directiva de 2014 di que os estados da UE teñen de límite ata marzo de 2018 para traspoñer esa directiva. Ademais, o radon debe incluírse nos códigos técnicos de edificación para facer vivendas libres deste gas e ten que existir un plan de acción. España ten moito que facer”, explica o investigador.

Os falsos mitos: ventilar e o granito

Arredor do problema do radon xurdiron crenzas, moitas delas pouco fundamentadas científicamente, sobre como eliminar o radon das vivendas. “Hai que desterrar a idea de que por vivir nunha casa de pedra ou granito vas ter moito radon na casa. Non ten por que ser así. O importante é o que hai debaixo, no subsolo”, aclara.

Outro dos falsos mitos é o da ventilación: “Hai quen cre que se hai moito radon, ábrense as fiestras e listo, pero non é verdade. Para que a ventilación sexa efectiva tense que renovar o aire interior por completo, o cal non é fácil, e menos no inverno”.

O que si se pode facer é “aplicar barreiras activas ou pasivas que consisten en illar a casa con materiais baratos e sinxelos, ou en despresurizar o terreo debaixo da vivenda para extraer o radon do subsolo e expulsalo ao exterior. Parece caro e complexo pero non o é”, conclúe Ruano.

5 COMENTÁRIOS

  1. Todo esto me parece un despropósito. Los del equipo de la USC no paran de alertarnos, y por lo que se ve, despistarnos con unas informaciones casi contradictoria. Por otro lado la Xunta y la Conselleria de Sanidad no les hacen ni caso.
    Seriedad señores, los unos y los otros! Si es cierto lo que este equipo afirma, la cosa es seria como para que los políticos tomen medidas ya. . Por què no lo hace? Serán los de la USC unos simples alarmistas?

  2. Vai un par de anos, este equipo da USC mideu, baixo pago, durante varios meses, o radón na nosa casa en Ribeira (A Coruña). As medicións arroxaron uns niveis altísimos de radón e como medida básica ensinaronos a ventilar a casa toda á vez que era o máis efectivo según nos explicaron . Agora resulta que non o è. Unha de dúas: ou buscan polemizar ou xogan coa xente. Sintome enganado. Vaia firmas!!!

  3. Fai un par de anos, este equipo universitario da USC instalou na casa uns medidores de radón que arroxaron uns resultados altísimos de radón no meu domicilio. Recomendaron que ventilásemos a casa básicamente polas mañán abriendo toas as portas e fiestras á vez…..e agora din que esta medida non è efectiva.
    Ou buscan polemizar ou xogan con nós. En qué quedamos?

  4. Deixa unha incognita aberta.como se fai? Di como non hai que facer.pero como se elimina? Non e caro. Vale pero como.falta información o 90% da poboación,non sabe que e o Radón os constructores no saben como se evita…

  5. Cómo podo saber si en donde vivo hai radón? Quénes me poderìan facer un estudo?. Grazas!

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150

A gran eclipse solar de abril: cando e onde vela en Galicia?

Este fenómeno astronómico será visible de maneira parcial no oeste da comunidade, especialmente na franxa atlántica da Coruña e Pontevedra

O mapa dos ‘químicos eternos’ en Galicia: ata 70 zonas sospeitosas de grave contaminación

Unha investigación europea sinala a presenza no continente destas substancias nocivas para o medioambiente e a saúde

Identificado un novo campamento romano na fronteira entre Galicia e Portugal

Un equipo de arqueólogos detecta un posible recinto fortificado de tres hectáreas de extensión datado entre os séculos I a.C. e I d.C.